off
Cedeira, Ciencia, Ecoloxía, Natureza — 30 Xuño, 2016 at 7:09 a.m.

O programa Xeorutas comezará a funcionar esta fin de semana

by

O Concello de Cedeira presentou onte en conferência de imprensa o programa de Xeorutas que se organiza coa intención de dar a coñecer a riqueza xeolóxica do municipio dunha manera lúdica


xeorutas_cedeira_OLLAPAROA concelleira delegada de Cultura e Turismo, María Xosé Rodrígguez López, e o xeólogo local Francisco Canosa, foron os encargados de explicar os contidos dunhas iniciativas pensadas para goza pero tamén para poñer ao alcance de veciños e visitantes o potencial que o municipio ten en materia xeolóxica. Una riqueza que, segundo destacou Rodríguez López, é comparable á que pode ter o municipio de Ribadeo coa praia das Catedrais.

Unha semellanza que tamén existe á hora de apostar pola sustentabilidade, “un turismo controlado”, tal e como apuntaron os dous comparecentes. Francisco Canosa tamén sinalou que a xeoloxía é a mellor maneira para entender un territorio, ademais de ser un dos recursos turísticos que está máis en alza. A iniciativa porase en marcha esta fin de semana coas tres primeiras saídas, se ben a actividade terá continuidade ao longo de todo o verán ata mediados do mes de setembro. Agora o Concello abre o prazo de inscrición para as persoas que queiran participar e informa de que as reservas de prazas teranse que levar a cabo na oficina de turismo situada no Palacete da vila.

As tres propostas son:

Xeoruta do cromo: é un itinerario co que se percorreran os cantís máis elevados da Europa continental. Unha zona que xeolóxicamente destaca pola presenza de rochas moi pouco habituais na superficie da Terra. As saídas serán tódolos domingos do 3 de xullo ao 18 de setembro (agás os días 7 e 14 de agosto). Os participantes terán que recorrer unha distancia de cinco kiló- metros. A dificultade é baixa e o horario será de 10:30 a 14:00 horas.

Xeoruta dos cantís: ten nun precorrido de nove kilómetros. É un traxecto pensado para descubrir estruturas xeolóxicas de máis de 400 metros de altitude e materiais que foron intensamemte deformados pola colisión dos dous supercontinentes hai 350 millóns de anos. Estas saí- das serán os venres do 1 de xullo ao 16 de setembro (agás os días 5 e 12 de agosto). A dificultade é media, polo non se prevé a participación de menores de seis anos. O horario é de 9:30 a 14:00.

Xeoruta das praias negras: dará aos viaxeiros a posibilidade de coñecer a única praia de area negra non volcánica do planeta. O areal de Teixedelo está aos pés dos cantís máis altos da Europa continental.

Ao longo da ruta tamén poderán ollarse a fervenza ou a falla que discurre por un fermoso val de orixe glaciar. Será un percorrido de 4,5 kilómetros. A convocatoria terá lugar tódolos os sábados do 2 de xullo ao 17 de setembro (agás os días 6 e 13 de agosto). A dificultade é alta, polo que a idade mínima recomendable son os 16 anos. O horario será de 10.00 a 17.00. Para todos os casos, os organizadores recomenda ir con roupa e zapato cómodos e pantalóns largos, así como levar abundante auga, protección solar e roupa de abrigo dacordo coas condicións meteorolóxicas.

A solicitude de inscrición, coa xustificación de pago de prezo público, deberá mostrarse presencialmente na oficina de turismo ou a través de correo electrónico: turismo@cedeira.es. A cota é de 5 euros por persoa e ruta, cantidade que debe ser ingresada no Banco Santander (ES71 0030 60 8259 0865024273). O número máximo de participantes será de 20 persoas, agás a xeoruta das praias negras que serán 15. Os desprazamentos dende a oficina de turismo ata o punto de inicio da xeoruta irán por conta do usuario.

Nota de imprensa: Pingota Comunicación

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off