off
Cedeira, Educación — 28 Xuño, 2016 at 6:51 a.m.

Concello e consellería estudian a posibel ampliación da Escola Infantil de Cedeira

by

escola-infantil-cedeira_OLLAPAROA concelleira  de Servizos Sociais, Manuela López e  o alcalde de Cedeira Pablo Moreda, reunironse onte en Santiago co conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez Muíño, para trataren da necesidade de ampliar a escola infantil, por unha banda e, por outra, o incremento do número de traballadoras sociais de cara a mellorar o servizo.

Os rexedores municipais arrincaron como primeiro compromiso realizar unha memoria valorada sobre a posibilidade de aumentar até duplicar os espazos actuais da gardería para contemplar a ampliación a cociña e dispoñer dunha nova sala de xuntas e tamén de almacéns.

A reforma precisaría da ocupación dun edificio contiguo ao actual e tamén de carácter público. Como punto de partida a Cámara Municipal comezará a traballar, case de maneira inmediata, na elaboración do documento para saber o custo das obras. O obxectivo é coñecer “as cifras reais”, tal e como apuntou o alcalde. Moreda explicou que se trata dunha necesidade “pero aínda que sexa así non vamos traballar sobre unha utopia.” O alcalde manisfestou a súa intención de reunirse xa nos próximos días con persoal da oficina técnica para comezar a traballar no diagnóstico.

Máis adiante os representantes municipais manterán un novo encontro cos responsables da Xunta en materia de Benestar para coñecer o compromiso económico que poderían asumir cada unha das partes implicadas no proxecto. O Concello investirá este ano uns 20.000 euros en obras de mellora na gardería. A matrícula actual do centro ronda os 60 rapaces menores de tres anos. O alcalde di que a demanda de prazas segue crecendo.

Ampliación  do equipo de traballo social

O segundo tema foi a posible ampliación do equipo de traballo social. da O conselleiro avanzou a posibilidade de cubrir unha media xornada e tamén a de crear unha praza máis. De confirmarse, o Concello  podería ofrecer máis horas de servizos.

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: