off
Eleccions 26-X 2016, Política, Politica espanhola — 26 Xuño, 2016 at 6:37 p.m.

Vitoria insuficiente do PP e ‘sorpasso’ de Unidos Podemos

by

Segundo o inquérito da TVG para a campaña máis madrileña  da historia ( de Antena 3 e La Sexta) parece non ter sorpresas. No segundo avance, en Galiza baixaba  a participación en -6,8  e en Cedeira baixaba   -6,26 respecto a 2015


O inquérito da TVG para a campaña máis madrileña  da historia( de Antena 3 e La Sexta) parece non ter sorpresas: PP 117-121, Unidos Podemos 91-95, PSOE 81-85, Cs 26-30. Unidos Podemos e PSOE sumarían maioría absoluta, segundo a enquisa para o medio público. O inquérito da RTVE e a Forta indica que a suma de Podemos e do PSOE superaría  suma do PP e de Ciudadanos.

Segundo este inquérito para as televisións públicas, serían o resultado dunha leve baixada en apoio cidadán por parte do PP, do 37,12% ao 36,92%. En Marea medra sete décimas, até o 25,7% dos votos válidos, e o PSdeG tamén acrescentaría levemente  o seu voto global en Galiza, até o 22,12% fronte ao 21,33% de decembro. Ciudanos  acadaría o 8,12 -un punto menos- e o BNG, no 3,6%, un punto por baixo de hai seis meses. Catalunya é onde máis baixou a participación (-10,24%), seguida de Madrid (-8,86%) e Aragón (-8,67%).

 

 

CRTVG.SIGMA2

Galiza

En Galiza baixaba  a porcentaxe de participación en -6,8  respecto a 2015

galiza_Avanzo18_54_26X

Cedeira

En Cedeira baixaba  a participación en -6,26 respecto a 2015

cedeira_Avanzo18_12_26X

One Comment

  1. Efecto rebote.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off