off
Flor do Monte, Natureza, Ortegal — 26 Xuño, 2016 at 7:17 a.m.

Erica mackaiana (J.Mackay , Fl. Hibern 1836)

by
Erica mackaiana (Décimo cuarta entrega.Flor do Monte)

Erica mackaiana
Erica mackaiana (J.Mackay , Fl. Hibern 1836) Foto: Calel

 

 

Farturenta en uces foi a Capelada. Hoxendía, conservando unha diversidade de especies do xénero, ous ouzais viñéronse vindo a menos ao compás do avance das repoboaciós con piñeirais, a conversión en pastizais e a progresiva humanización degradante do monte vendido ás andarabillas eólicas e a súa servidume de pistas. Ericka mackaiana é un endemismo das montañas costeiras cantábricas (galegas, asturianas e algo en Cantabria) cun núcleo de poboación asimesmo nas costás do sur de Irlanda. Común, pero nunca moi abondosa, tal vez na nosa bisbarra se dean as mellores concentracións de mackaiana. Na nosa Serra da Capelada é frecuente atopar exemplares da variedade alba, ou hipocromática. Este fenómeno do hipocromatismo, quere decirse rebaixadas de cor, é moi frecuente nas plantas, ás que lles confire un extraño e orixinal aspecto que nalgunhas especies confírelles unha particular beleza, tal o caso da Erica mackaiana que vai fotografada riba destas letras. Discretas belezas do ouzal que valoran moi especialmente na Inglaterra, onde se especializaron na reprodución e cultivo de tantas variedades de uz para enfeitar elegantemente os seus xardís. Acó mercamos rechamantes especies exóticas que non tardan en brincar para o monte e transformarse en perigosas especies invasoras, carísimas de erradicar. Coñecer para protexer. Xa.

4 Comments

  1. En Trasmonte, en Penedrá haina. Empeza a habela a certa altura. Levo tempo querendo saber o nome pero por deixadez vouno deixando. Si que medra con eucaliptos. En Montemeao haina debaixo deles. Sempre a altura. Chans pobres.
    Moitas gracias.

  2. Polo que vexo na imaxe parece que te andas a referir a Calluna vulgaris, efectivamente outra ericácea…aínda que na foto que mandas debaixo dos eucolitos, precisamente, non me parece estare. Calluna vulgaris dáse por moitos sitios. Afortunadamente é común.

  3. Hai outra pranta das erikas que medra debaixo dos eucaliptos. En Cedeira. Pero non sei cal é o seu nome. Creo que debe de ser bastante común.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off