off
Europa, Politica internacional — 24 Xuño, 2016 at 6:30 a.m.

Gran Bretaña vota saír

by

Os británicos rematan coa súa pertenza á Unión Europea nunha xornada histórica que reflicte divisións enormes dentro do país e a revolta constitucional implícita na aprobación da adhesión á UE de Escocia. Os británicos rebelándose contra moitos dos seus deputados. A decisión produce o pánico nos mercados, na GB e en Europa. Os partidarios da permanencia baseabase en gran parte en Londres e en Escocia mas non conseguiu sumar de abondo para manter a liña de adhesión á UE. Os ricos condados do sur ricos apoiaron o Brexit. Cidades  máis occidentais opuxeronse. Irlanda do Norte votou a prol do status quo. Wales esixiu un cambio radical.

Segundo The Guardian, o Banco de Inglaterra di que vai tomar “todas as medidas necesarias” para preservar a estabilidade monetaria e financeira segundo informa nun comunicado publicado esta mañá e no que se compromete a un comprido plan de continxencia e está a traballar en estreita colaboración co Tesouro británico, outras autoridades nacionais e os bancos centrais estranxeiros  para cumprir as súas responsabilidades para a estabilidade monetaria e financeiras.  O presidente do PPE afirmou que o Reino Unido debe deixar a UE dentro de 2 anos. Alén diso, a Caroline Lucas, membro do Green Party, describriu o resultado como devastador xa que segundo ela reflicte un teimoso nesgo informativo facendo circular mentiras e mitos de boca a orella durante anos. “O déficit democrático non será corrixido por saír da UE – temos que mirar máis preto na casa”, afirmaba nun tuit.

Unión Europea

Un golpe durísimo ao actual modelo de construción europea.Porén o  ministro de Asuntos Exteriores alemán repartindo a partes iguais a decepción, afirmou que este é un día triste para a Gran Bretaña e a UE. Nomeadamente porque a UE non será nunca mais, nen pode, como agora é. Para o columnista político do Guadian, Rafael Behr ,o referendum británico reflectiu a realidade práctica de participación do Reino Unido nas institucións europeas, percebida como irrelevante, interpretándose mais do que un mandado para sair da UE como un ouveo de rabia e frustración dunha metade do país contra o sistema de poder, riqueza e privilexio percibido como controlado por unha elite nalgures. “As grandes maiorías no centro de Londres non expresan interese pola  UE tanto como o apego emocional a un ethos liberal de apertura ao mundo”, afirma Behr.

A saída  reflicte todo o que  se fixo mal na UE. Non funciona e a cidadanía foise afastando a golpe de referendums e de tratados.

Escocia

A cuestión agora é se Salmond retoma a posición dada malia Escocia ter dado a maior votación a prol da UE de calquera parte do Reino Unido. O máis recente manifesto SNP afirmaba  que unha votación Brexit sería a “cambio substancial”, o que podería xustificar unha segunda votación sobre o futuro constitucional de Escocia. Poderá Inglaterra tirar razoablemente ao seu veciño fora da Europa contra a súa vontade?

One Comment

  1. Eu se fose británico votaría out. Os ingleses non queren acabar como os gregos. Hay que agradecerllo a Merkel e mais o seu can Schauble. Este dicindo que “Out is out”. Junker que non habería negociación… O sur de Europa acabará índose tamén. Quedará Alemania e o seu espacio vital. Alemania como problema.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off