off
Cedeira, Meio ambiente, Ortegal — 21 Xuño, 2016 at 7:27 a.m.

Convocada reunión coa Conselleria de Economía para abordar a problemática planta de gas licuado de Esteiro

by

O alcalde Pablo Moreda  acordou coa subdirectora xeral de Enerxía, Paula María Uría Traba  nun encontro celebrado a pasada semana que a problemática xurdida en torno á instalación dunha planta satélite de gas licuado abordaríase nunha reunión que terá lugar o día 29 na sede da Consellería de Economía, Emprego e Industria.  Nese primeiro encontro o Concello de Cedeira tivo a posibilidade de expor por primeira vez as razóns que o levaron a presentar alegacións contra a execución dun proxecto que incumpre a normativa urbanística e pon en perigo recursos tan importantes para a economía local como poden ser o medioambiental, opesqueiro e o turístico, afirmouse desde o goberno local.

Ao próximo encontro o alcalde irá acompañado de representantes da Confraría de Pescadores e da Asociación de Veciños e Veciñas de Esteiro, parroquia na que se pretende executar o proxecto industrial promovido por Gas Galicia.

A cámara local presentou alegacións contra a planta, como tamén o fixeron os veciños que  levaron a cabo una campaña de recollida de firmas que deu como resultado arredor de 3.000 sinaturas de apoio á posición da entidade veciñal.

O alcalde de Cedeira confía en que a reunión do 29 se desenvolva polos mesmos cauces que a que tivo lugar días atrás coa responsabel de Enerxía. Pablo Moreda, que saiu moi satisfeito do encontro, valorou a boa disposición de Paula Uría á hora de entender a postura que o Concello vén mantendo con respecto a planta de gas licuado, así como as razóns que levan á administración local a barallar como única alternativa a instalación do proxecto no polígono industrial de A Trabe. Moreda lembroulle  á subdirectora de Enerxía as boas condicións existentes para mercar os terreos -un 50% máis baratos- e no relativo ás obrigas fiscales locais -bonificacións dun 90%-.

Pola súa banda, a conselleira Paula Uría a dixo descoñecer os contidos das alegacións presentadas pola empresa, que foran remitidas directamente á Xunta, e confirmou que polo momento Gas Galicia non acreditou a propiedade sobre os terreos de Esteiro, segundo a información facilitada polo alcalde.

Nota de imprensa: Pingota Comunicación

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off