Ainda ben que o dia aguantou -malia a permanente ameaza de choiva- para permitir o desenvolvemento das actividades programadas, a afluencia de xente á festa do Deporte na Rúa do Concello de Cedeira foi intermitende ao longo de toda a mañá.
Porén, foron moitos os veciños que tomaron parte nas actividades coas que arrincaba un programa que terá continuidade hoxe e tamén mañá. Os exteriores do pavillón polideportivo foron desde primeiras horas do sábado o escenario elexido para levar ás rúas distintas actividades deportivas. Así, os participantes tanto poideron botar unha partida de bádminton como recuperar xogos tradicionais. Esta tarde, a partir das seis, tivo lugar o acto de clausura das escolas deportivas municipais xa no interior do pavillón.
O domingo o programa estivo adicado á bicicleta. A xornada inseriu desde unha ruta polo paseo marítimo ata unha “pedalada popular”.