off
Cedeira, Meio ambiente — 17 Xuño, 2016 at 7:09 a.m.

Campaña informativa sobre o Punto Limpo de Cedeira

by

A Cámara Municipal de Cedeira pon en marcha unha campaña informativa  para evitar o deitado incontrolado de lixo.


PuntoLimpoXunqueira_CEDEIRAFluorescentes, colchóns, envases de insecticidas, mobles ou pilas usadas son só alguns dos residuos que os veciños de Cedeira teñen a posibilidade de depositar no punto limpo. O Concello vén de poñer en marcha unha campaña informativa a través duns folletos nos que se lembra á veciñanza que co o uso correcto do servizo se aforra enerxía, se incentiva a reciclaxe, se evitan verteduras incontroladas e tamén se reduce a presenza de residuos perigosos tanto no lixo como na rede de saneamento. O polígono da Xunqueira acolle una instalación que abre os mércores en horario de tarde (de 15.30 a 19.30 horas) e os sábados de 10.00 a 14.oo horas. “Por un concello limpo e máis ecolóxico” e o lema da iniciativa, coa que tamén se recorda aos veciños que non se admiten residuos de carácter industrial e que o servizo está aberto exclusivamente para eles.

Animais na praia

O concello cedeirense ten fixado un horario de presenza e paseo de animais de compañía na praia da Madalena. A medida, xa en vigor desde a aprobación da ordenanza correspondente, quérese facer agora máis efectiva coa colocación de carteis nos accesos ao areal nos que se informa a veciños e visitantes de que a presenza de mascotas está restrinxida en varias épocas do ano, entre elas o verán, a un determinado horario. Así, do 1 de xuño ao 30 de setembro; as fins de semana do 1 de abril ao 31 de outubro e ao longo da Semana Santa non se poderá baixar á praia cos cans entre as 10.00 e 22.00 horas, coa fin de evitar posibles molestias ás persoas que poidan estar a gozar dun día de praia. O Concello lembra que os infractores serán sancionados e que están exentos de cump

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off