off
Cinema — 15 Xuño, 2016 at 11:55 a.m.

E agora invadimos o que? (Where to Invade Next?) O novo filme de Michael Moore

by

A nova sátira de Moore cuestiona máis unha vez o falaz “soño americano” nunha viaxe polo mundo na procura de lugares onde haxa todo aquilo do que carecen os EUA: sanidade pública, tolerancia no consumo de drogas, vacacións… 


Where to Invade Next? é o título do  último filme de Moore apresentado no Festival de Veneza. Durante a apresentación do documentário en Londres Michael Moore afirmou: “Os Estados Unidos ten sido unha forza invasora nos últimos quince anos ou mais. Porque non invadir países, de forma non violenta, para aprender algo lá fora e aplicalo na casa? É esa a explicación para o título do filme”. O filme pode lerse como unha segunda parte daquela  senlleira entrevista a Charlton Heston, o mito cinematográfico convertido en sicario da sociedade do rifle

Unha intelixente provocación nun país onde o orzamento vai para o exército e non para atallar a pobreza, o racismo e todo o que alí é presentado coma  roubo: a xustiza, o ensino e a sanidade públicas. 

Segundo Moore, como América precisa de axuda  poderia ollar para portugueses, franceses, noruegueses… Teño a certeza, afirmou, que eses pobos nos poden axudar a sair da imensa embrullada onde nos metemos.” De facto, proponse a formar un exército de un só home, para “invadir” países civilizados, e dali retirar as mellores práticas políticas e sociais para aplicar nos Estados Unidos da América. Na súa rodaxe en Portugal estivo en plena manifestación do Primeiro de Maio, falou con  dirixentes comunistas, ouviu fado e ficou impresionado cando descobriu que o portugués pouco ten a ver co español.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off