off
Editorial, Galiza, Política, Televisão — 13 Xuño, 2016 at 11:03 a.m.

A voz rota, ou o medo de V Televisión a corrixir un erro

by
"A TV ten unha espécie de monopólio de facto sobre a formación dos cérebros
dunha parte moito importante da poboación"
Pierre Bourdieu

Se a atribución a Leopoldo Calvo Sotelo ( marqués da Ría de Ribadeo e  presidente do goberno español pola UCD  após a demisión de Adolfo Suárez) a frase  do seu tío José Calvo Sotelo “España mejor roja que rota”  fose un  efecto indocumentado de calquer reality a troca podería non ser o máis grave.  Afinal,  a ignorancia per se non te transforma  nun pérfido agás que o sexas. Mas tratándose do programa de entrevista política  en VTelevisión, o  canal de La  Voz de Galicia, se a troca fose conscente, sen ser habelenciosa é pérfida. E se foi inconscente, ainda resulta máis reveladora, tanto dos entrevistadores  coma do medio que non corrixiu o erro. Entre eles, un exconselleiro profesor de ciencias políticas en permanente reciprocidade de servizos co medio, un exdirector de La Voz, un economista de CCOO  e un psicoanalista. Porque o cambalache deuse cando a  conductora do programa Fernanda Tabarés en plena entrevista á nova portavoz do BNG Ana Pontón, colaba a Arnaldo Otegui  citando a resposta de Castelao  a Calvo Sotelo(José) –  disque para contextualizar,  entanto saía en pantalla o rosto de Calvo Sotelo (o sobriño)-   de que a posibilidade dun Estado español vermello só será posíbel após unha España rota. Así se fan as cousas no xornalismo ‘talent show’? Diredes que son cousas do directo. Mais existe a posibilidade televisiva de satisfacer aos adictos aos reality shows e aos que os aborrecen profundamente? Opinión ou confusión? Que é o que este “lapso” desvendou nun espazo de debate político e nun  contexto   no que se están a agudizar non poucas cousas? Afirma Noam Chomsky que o obxetivo da propaganda é crear consumidores irracionais e desinformados que farán a escolla irracional.Vós diredes.

CASTELAO-CALVOSOTELOt_2016-06-11-09-34-15

One Comment

  1. Os camiños da Voz son inescrutables.

Deixa unha resposta a XoséCancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off