off
Cedeira, Ecoloxía, Flor do Monte, Natureza, Ortegal — 10 Xuño, 2016 at 09:00

Antirrhinum majus sp. linkianum (Boiss. Et Reuth.) Rothm

por
Antirrhinum majus sp. linkianum (Boiss. Et Reuth.) Rothm.(Décimo segunda entrega)

Antirrhinum majus sp. linkianum (Boiss. Et Reuth.) Rothm.Foto:Calel

Antirrhinum majus sp. linkianum (Boiss. Et Reuth.) Rothm.Foto:Calel

A fermosa e rechamante boca de can ergue o varal de flores con arruallo de seu por sobre das areas dalgún marouzón da nosa terra. Poidera ser Ponzos, Santa Comba, Pantín ou mesmo Vilarrube, onde tres ou catro pés, (algún nos ribazos do pericoto de Pantin que dan ao esteiro do río das Ferrerías), anuncian os ceos azuis que o poder floral da botánica ferrolterrá está a soerguer da tona da terra a fermosa fasquía das súas cores enxebres. Os antirrinos, como lles chamou unha señora na lonxana Bande, posúen na nosa bisbarra unha subespecie propia: a subespecie linkianum, que conserva un número de efectivos reducido. É fácil dar con ela en calquera areeiro da bisbarra ferrolterrá. No mes de maio e xuño os matos desta herba florean con xenio amosando sen medo a súa fermosura rosada que apaña as olladas de lonxe, tanto que poidera ser fácilmente un produto floral de xardineiría con interés comercial, ate o punto que as técnicas de micropropagación e xerminación están xa estudiadas con este fin. Hai quen pensa que esta poidera ser unha vía de sobrevivencia da especie, ameazada pola súa coreña área de expansión e as obras de acondicionamento turísitico de algún areeiro, e claro, tamén polas fozadas inmisericordes da tropa porca especializada en esbandallar os marouzós. A recolección pra usos ornamentais sempre poidera representar un outro perigo engadido: compre por iso saber dela, poder recoñecela e deixala florear na paz das areas. Coñecer para protexer. Xa.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: