off
Economía, Editorial, Política, Politica espanhola — 5 Xuño, 2016 at 6:16 a.m.

A irreflexión de Rajoy

by

O estado español rematou o ano 2015 cun déficit público de 55.000 millóns de euros e unha débeda pública por volta do 100% do PIB. Porén, Mariano Rajoy, teima en ignorar os antecedentes. Nomeadamente os das tres lexislaturas de Reagan e Bush Sr. nas que os EUA  non viviron ningunha crise salientabel nin participaran en custosas guerras (como o foran a do Vietnam,Afganistán e a segunda do Iraque) mas a débeda pública pasou do 32% ao 66% do Produto Interior Bruto(PIB).   Bush Jr.  aplicou as mesmas ideas e con dúas guerras   a débeda pública chegou ao 84%. Mesmo na de Obama, onde os republicanos seguiron controlando os impostos, a débeda acadou o 106%.

Cando Reagan acadou o poder en 1981 aplicou unha relevante redución de impostos que extendeu á segunda lexislatura en 1986. Rajoy prometeu o mesmo no seu programa eleitoral de 2011 e vén de prometer redución de impostos de cara ao 26X, malia telos de subir  despois de tomar posesión en 2011 porque a débeda non a podía colocar mas non parou até baixalos poucos meses antes de rematar a lexislatura, baixando tamén as cotizacións sociais seica para estimular as contractacións.

O eleitoralismo leva a Rajoy á imprudencia de ignorar que os impostos son o prezo que pagamos para vivir en parceria e de xeito civilizado.

O resultado foi un déficit público de 55.000 millóns e unha UE estudando sancións porque acha que non fixo de abondo para atallalo. 2016 comezou cunha queda da recadación de impostos e unha conxelación dos ingresos da Seguridade Social malia o medre da actividade e das contractacions. O seu contra-keynesianismo ideolóxico lévao ao convencimento de que é mellor que os cartos fiquen nos petos dos cidadáns. O que non é certo por moito mantra que repitan os acólitos do PP ignorando os antecedentes. Apesar diso, de gañaren as eleicións  aplicarían novas reduccións de impostos.

Quer dicer, unha administración pública quer galega, quer española, quer europea que non ingresa de abondo deberá subir os impostos ou renunciar aos servizos públicos. Porque ainda que o gasto público non sexa a receita infalibel contra o paro, dificilmente poderán estar “as persoas no centro” dunha política que crea as condicións de eliminación de servizos públicos, enmascarando os problemas entanto se fan máis grandes. Prometer a baixada de impostos como fan Rajoy e acólitos é irracional e irresponsabel porque o déficit de hoxe son os cortes que mañá sofrirán os nosos fillos.

2 Comments

  1. As guerras non son custosas para os Estados Unidos. Son unha forma de expolio.
    Reagan empeza o neoliberalismo. Europa síguelle. O que fixo Reagan foi transferir renta ó gran capital. Aquí faise o mesmo.
    Rajoy e toda Europa segue o modelo neoliberal.
    Rajoy é conservador non liberal.
    Reagan e Rajoy non se parecen en nada. Son modelos diferentes.

  2. E un auténtico disparate. Supón á desaparicion das administracións como elementos dinamizadores. Tamén supón á falta de servizos públicos e á destrución dos mesmos. Con isto imos cara á unha maior desigualdade.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off