off
Cedeira, Cinema, Fin de semana, Teatro — 3 Xuño, 2016 at 09:32

A Viaxe de Leslie proxectarase este sábado no Auditorio de Cedeira

por

Cinema documental e teatro, propostas do Auditorio de Cedeira para esta fin de semana


 

Sábado 4 de xuño. Documental “A Viaxe de Leslie”

AVIAXEDELESLIE-OLLAPAROEn xuño de 1943 un escuadrón de JU-88 alemán abate un avión comercial fronte á costa de Cedeira. Non hai supervivintes. Entre os pasaxeiros aparece un persoeiro, Leslie Howard. Fálase de que era xudeu e, de que era un propagandista antinazi, ou de que era un galán da industria de Hollywood, pero, a miúdo, a historia escríbese con fragmentos do que xa foi esquecido. Este é o relato da historia que puido ser, ou quizáis non, a travesía da última viaxe de Leslie Howard.

Festivais e premios
Mellor Montaxe, Academia Galega do Audiovisual (Premios Mestre Mateo) 2015
Cineuropa (Santiago de Compostela) 2014
Festival de Málaga 2015
Plai doc (Tui) 2015
Aegean Docs (Grecia) 2015
Sczcecin European Film Festival (Polonia, Alemania) 2015
Festival Internacional de Cine de Ourense, 2015

Auditorio Municipal de Cedeira, ás 20:00 h., dentro do ciclo Cinemas de Galicia poderemos ver o documental “A Viaxe de Leslie”. Entrada: 3 €

Domingo 5 de xuño. Monólogo do imbécil

“Monólogo do Imbécil” de Xose Luís Prieto con Xose A. Touriñán. O autor e director, o naronés  Xosé Prieto, acadou con esta obra o Premio Max de Teatro 2003 ao mellor texto en lingua galega. En Monólogo do imbécil, Xosé Antonio Touriñán transfórmase en Santi, un coitado ao que todo lle sae mal, malis o seus moitos intentos de levar unha vida do común.   Touriñan ten declarado que “estar só no escenario durante máis dunha hora non é nada doado. Con esta peza entrei nun espacio de non-comfort que me obligou a traballar moitísimo e a memorizar un texto como nunca antes o fixera… ¡Coido que para esta obra tiven que estudar máis que para terminar a carreira!»

 

Reserva anticipada desde o mércores 25 de maio De luns a venres Horario de 9:30 h. a 14: 30 h.. Prezo: 4 € Teléfono 649 876 614

 

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: