off
Economía, Galiza — 25 Maio, 2016 at 6:37 a.m.

A taxa de pobreza medra nun ano en Galiza 4 puntos

by

Segundo o  INE  taxa de risco de pobreza medrou nun ano en Galiza 4 puntos acadando 19,4% en 2015. Segundo esta pesquisa realizada en primavera do ano pasado,  a renda media dos fogares galegos durante 2014 acadou, en termos de beneficio neto medio anual por persoa en Galiza en 2014 os 10,235 euros, representando un decrecemento de 0,22% respecto ao ano anterior e representa un importe inferior a 1,98% ao total do estado (10.419 euros).

Familias con dificultades económicas

A listaxe de dificultades económicas das familias na investigación das condicións de vida mostra que 48,7% dos entrevistados galegos non poden ir de vacacións lonxe de casa, polo menos, unha semana ao ano. Non teñen capacidade para xestionar gastos imprevistos 29,6% dos entrevistados, mentres 7% recoñece adiamentos relacionados coa vivenda principal e 7,1% afirmaron telo “moi difícil” para facer fronte aos gastos.

A maioría da poboación galega distribúese en áreas de renda media, mentres 16,1% teñen ingresos máis elevados e 16,1 por cento están entre os máis baixos ingresos.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off