off
Estado, Política — 23 Maio, 2016 at 12:58 p.m.

O xuiz ameaza embargar o PP se non paga unha fianza de 1,2 millóns €

by
PP-Genova-preparada-Foto-LS_EDIIMA20140525_0377_4
Foto: L.S. diario.es CC-BY-SA

Faino responsabel da fianza dos extesoureiros Luis Bárcenas e  Álvaro Lapuerta polo caso da Caixa B e pola reforma da sede do partido segundo avanzou a Cadena Ser.

Dalle 10 dias ao Partido Popular (PP), para que deposite unha fianza de un millón e medio de euros polo caso Caixa B do partido, o chamado caso Bárcenas- e as irregularidades na reforma da sede de Madrid na rua Xénova.

Se non o fai, ambargaríanlle algunhas contas e bens por esa cantidade. O  PP deberá sentarse no banco dos acusados como responsabel civil subsidiario de todos os casos.

O xuiz acha que o PP é responsabel  subsidiari das irregularidades dos seus extesoureiros e que non pagou os máis de 220.000 euros de imposto de sociedades polos donativos irregulares de 1 millón € presuntamente recibidos. Xa que Bárcenas e Lapuerta non teñen cartos para pagaren a fianza, o xuiz De la Mata reclámallos ao PP. Alén diso, o xuiz tamén consider ao PP responsabel da fianza por ter axudado a unha empresa de arquitectos a defraudar a Facenda o ano 2008  cando pagou con carto negro polas obras de refroma da súa sede central en Madrid.

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: