off
Flor do Monte, Natureza — 21 Maio, 2016 at 06:43

Erodium maritimun (L.) L´Her

por
Erodium maritimun(L.)L´Her(Flor do Monte.Décima entrega)

Erodium maritimun

 

 

Mirade aí a verdadeira reliquia de San Andrés de Teixido. A herba agulleira ou das agulliñas, especie protexida e incluída no Catálogo Galego de Especies ameazadas. Un taxón cunha historia verdadeiramente extraordinaria na Galicia moderna. Até non hai tantos anos as únicas poboaciós estatais coñecidas desta especie, estaban nas Illas Cíes, no vilar de San Andrés e na Dragonera, nas illas Baleares. A poboación das illas Cíes foi sepultada sen misericordia polas obras de acondicionamento e enlousado dos arredores do faro: en todo un Parque Nacional. O director do Parque saira daquela aos medios pra despexar pelotas da área, afirmando que como había outra poboación na Galicia, poderían trasplantarse exemplares pra que nas Cíes seguirá a florear a herba das agulliñas. Desvistir un santo pra vestir outro. A poboación de San Andrés está a dar as derradeiras boqueadas. De douscentos exemplares que se podían contabilizar non hai tantos anos, quedan non máis dunha ducia de exemplares que desaparecerán un ano destes índose a canda eles a verdadeira reliquia existente en San Andrés. As obras de acondicionamento turístico, de gusto dubidoso e discutible, algunhas extraccións ”científicas” por parte de persoas que dixeron ser “da Universidade” e as fumigaciós con herbicidas dos muros e o adro da igrexa sitúana arestora no bordo da desaparición. A caridade cristián debería extenderse as plantas. En breve, me temo que perderemos esta especie definitivamente para o noso legado botánico. Galicia, pola contra seguirá a contar cun número de efectivos importantes: nos últimos anos descubríuse unha colonia de miles de exemplares na Illa de Sálvora, que como se atopan dentro das lindes do Parque Nacional das illas Atlánticas, han de estar protexidas. Ou deberían. Coñecer pra protexer. Xa.

1 Comentario

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: