off
Editorial — 20 Maio, 2016 at 9:19 a.m.

Os dereitos non se suspenden

by

Catalunya-Galiza-mapaA intención da prohibir as “estelades” (a bandeira independentista catalá)  na  final da Copa do Rei de futbol pola delegada do goberno español en Madrid, Concepción Dancausa, filla dun dos fundadores da Fundación Francisco Franco, vai alén do anecdótico. Un aceno autoritario que teima en situar fora da lei non só aos milleiros de cataláns que penduran a estreleira no balcón como símbolo dunha reivindicación lexitima, pacífica e democrática, mas a quen así se exprese.  Vai alén porque tamén atinxe a bandeira soberanista galega coa estrela vermella (á espreita coa mutilación  de estreleira, que simboliza a loita pola independencia da Galiza,  e do himno hoxe que xogan en Riazor a irmandiña de futbol coa selección de Venezuela).

O manual do Comité estatal contra la violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no deporte non insire as estreleiras

Unha pretensión vá, vacía e irreal. Porque prohibir é feo. Como pensan evitar que entren as bandeiras no campo?  Achan que a lei do deporte ampara esa prohibición?Quer dicer, pódese suspender ainda que sexa de xeito temporal un dereito fundamental como se fose excepción?

Amnistia Internacional lembra que vetar estreleiras viola a liberdade de expresión

Dancausa non está soa xa que onte recebiu o apoio de varios ministros e do portavoz do PP no Congresos entanto Rajoy non sabe non contesta. A afección do Barça agarda que a xustiza rexeite a decisión ( tamén considerou legal a asobiada ao rei na final do 2009), porén o que fica nídio e claro é a miserenta concepción da liberdade de expresión que ten a dereita española.

De se consumar a prohibición estariamos perante de mais un ataque á liberdade de expresión improprio dunha democracia homologabel e  dunha dereita que se ten a si mesma por liberal mas que nunca o foi. Reparemos que a constitución española á que tanto apelan cando lles ten conta consagra no seu artigo 20 o dereito de todos os cidadáns “a expresaren e difundiren libremente os pensamentos, as ideas e opinións a través da palabra, a escrita ou calquer outro medio de reprodución”. Un dereito fulcral que fundamenta a democracia liberal. Eís a coñecida Primeira Emenda da Constitución norte-americana.  Porén, na lexislación estatasl esta liberdade xa foi limitada cando na altura adoptaran o delito de inxurias á Coroa, a España ou aos seus símbolos, entanto nos EUA é legal meterlle lume á bandeira das barras e estrelas.

Como tornar a vítima en incitador

A Comisión Nacional contra a Violència nos Espectaculos Desportivos regulada pola lei do desporto 10/1990 vai desabar na lei llei 19/2007  direccionada a tentar aplicar un control da violencia logo do aumento dos actos racistas visibles nos estadios. Unha tentativa de atallar a violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no desporto. Unha lei que tipificaba que a exhibición de pancartas, símbolos, bandeiras…que inciten ao odio entre persoas e grupos ou que atenten gravemente contra os dereitos, liberdades e valores proclamados na constitución podern ser constitutivos de delitos ou faltas. Porén, a decisión de impedir a mostra de emblemas estaba en mans dos chefes policiais. A Comisión Nacional contra a Violència nos Espectaculos Desportivos editou un manual de simboloxía coa iconocrafía que incumpría a lei. Eís o efecto paradoxal:só aparecen emblemas neonazis e ultradereitistas mas na práctica hai nídios erros de consideración xa que é obvio que a ultradereita ten eludido as prohibicións  logo de catro décadas de democracia.

Porén, malia dispor dunha ferramente para debullar esta simboloxía na práctica, tal e como vén de amostrar a delegada do goberno español en Madrid, ten servido para enviar mensaxes alén da pura legalidade. O caso é que quen teima en lembrarnos decote que non hai que mesturar política e futbol, primeiro pide que non se asobie o himno para despois prohibir de xeito proactivo a exhibición de bandeiras estreleiras. Un veto que topa co delicado tema da liberdade de expresión. Prohibir é feo e lémbranos tempos pasados.

O futbol é política e cando  é light ou non está politizado de abondo, politízase. E máis se estamos en plena campaña eleitoral. Esta tentativa de prohibición é exemplo. Velaí o Barça-Athletic e Esperanza Aguirre propondo suspender o partido se asobiaban o himno español. Trátase de encender a torcida e de mobilizar o seu eleitorado contra os soberanistas. Se callar a prohibición acada efeito contrario e acáballes escachando nas mans.

Ao mellor tamén che interesa

O obsceno goce do asubío

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off