off
Cedeira, Urbanismo — 19 Maio, 2016 at 6:49 a.m.

Tolerancia cero con quen aparca nas beirarrúas

by

A Cámara Municipal de Cedeira distribue cartaces informativos antes de empezar a multar o aparcamento enriba das beirarrúas


 

beirarruas_cedeira_OLLAPAROHoxe comeza a campaña informativa coa que o Concello de Cedeira trata de darlle unha oportunidade aos condutores antes de sancionalos por aparcar os coches enriba das beirarrúas. A “tolerancia cero” con este incumprimento empezará as partir do día 13 de xuño, data na que comezará a multarse este comportamento. A iniciativa disuasoria, que leva por lema “As beirarrúas son para os peóns”, consiste na distribución dun total de 200 carteis noutros tantos establecementos comerciais da vila cedeiresa, nos que se lembra que hai que deixar nos veículos nas zonas habilitadas para tal fin.

Cada vez que aparcas na beirarrúa: un nen@ ten que baixar á estrada, unha persoa en cadeira de rodas ten que vivir unha odisea, un carriño de bebé ten que buscar outro camiño, un ben común e maltratado…

O alcalde, Pablo Moreda Gil, sinalou que “o Concello non quere multar” pero engadiu que hai que cumprir as normas que garanticen os dereitos de todos os veciños, “tamén de aqueles que van en cadeira de rodas ou cun carro de bebé”.

Tags

One Comment

  1. e se non hai un aparcamento donde imos aparcar? aínda encima de ir deixar os nosos cartos ao Imperio pretenden multarnos… vergoña!!

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: