off
Desporto Cedeirense — 19 Maio, 2016 at 6:55 a.m.

O Club de Remo de Cedeira acada bos resultados no Trofeo Principado de Asturias

by

Remo Trasona_OLLAPAROO Club de Remo de Cedeira estreouse con éxitos na competición deste ano. O 14 de maio desprazáronse ata a localidade asturiana de Trasona (Corvera) para disputar o Trofeo Principado de Asturias -a súa primeira regata do 2016 na modalidade de Remo Olímpico- catro botes, un skiff infantil feminino (Noemi Martín); un dobre infantil feminino (Claudia Villar e Noa Trigo); un dobre infantil masculino (Raúl López e Marcos Piñón); un skiff cadete (Fran Tojeiro) e un skiff xuvenil pero que competiu cos senior (João Da Silva).

Os resultados foron de seu satisfactorios: Raúl e Marcos foron segundos, unha medalla de prata moi meritoria pois son deportistas de primeiro ano; Noemi conseguiu un quinto posto na súa categoría, Fran quedou sexto, Claudia e Noa foron novenas e Joao 17º en skiff absoluto. Este último remeiro participou tamén nun 4x con outros tres compañeiros do club San Felipe, acadando un cuarto posto; e Raúl e Marcos fixérono na mesma modalidade con outros dous do mesmo equipo ferrolán quedando de primeiros e conseguindo unha medalla de ouro.

Nota de imprensa: Pingota Comunicación

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off