off
Galiza, Movementos sociais, Política — 19 Maio, 2016 at 6:40 a.m.

O BNG pide a En Marea que concrete “con rigor” a súa oferta de “Mesa polo Cambio Político”

by

A portavoz nacional e candidata do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón,  respostou formalmente por carta ao convite da coalición logo de informar primeiro á súa militancia.  O BNG  reclama de En Marea maior concreción e rigor na súa oferta xa que “afrontamos con grande preocupación a situación política e social que atravesamos e o inmobilismo das forzas estatais á hora de asumir que unha democratización real do estado pasa polo recoñecemento de dereitos polítiocs ás nacións sen estado como Galiza”.

Na carta salientase  que “compartimos con vós que neste ano 2016 temos dous retos por dainte moi relevantes,ás eleccións ás Cortes do Estado do 26X e as eleccións ao Parlamento de Galiza” mas  perante a  decepción da cidadanía ante o fracaso de todos os representantes no Parlamento do Estado pola incapacidade de chegar a un acordo que desaloxase ao PP e ante a falta de propostas e alternativas que situasen a Galiza cunha voz propia, sen dependencias das estratexias de forzas políticas de ámbito estatal” o BNG reafirma a súa vontade de defender “unha unidade popular que se construa sobre a base da existencia do pobo galego.”

 

One Comment

  1. Con rigor pódese dicir que a Marea non ten ningunha intención de ir co BNG-UPG a ningún lado.
    O proxecto de Anova e mais o deste BNG son antagónicos.
    Podemos non aceptaría nunca.
    E EU menos.
    Ganas de amolar.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off