off
Educação, Livros — 19 Maio, 2016 at 2:14 p.m.

Fondo solidario de libros de texto e axudas á adquisición de libros

by

librosPublicouse a orde que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e xa se poden solicitar as axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2016/17. As axudas están destinadas ás familias con nenos e nenas matriculados en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial, en centros docentes de Galiza sostidos con fondos públicos. As alumnas e alumnos matriculados nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2016/17 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Porén, poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos nesta orde cuxo prazo para presentar solicitudes rematará o día 23 de xuño de 2016.
No fondo solidario de libros de texto pode participar o:
– Matriculados en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria.
– Matriculados 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria.
Nestes cursos manteranse os libros de texto do curso 2015/16 e asignaranse por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar.
A convocatoria de axudas para adquirir libros de texto vai destinada ao:
– Matriculados en 1º e 2º de educación primaria.
– Matriculados en 2º e 4º de ESO.
– Matriculados en educación especial.
A axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros. Neste caso a axuda será de 50 euros.
Máis información:

One Comment

  1. Reciben esta axuda familias que teñen uns ingresos ó mes de 450 euros mais ou menos. A este tipo de familias teríanlles que dobrar os ingresos como mínimo e darlles este tipo de axudas a maiores. Tes que estar , ,prácticamente, na indixencia.
    Ademais, o fondo solidario ó final é cargarlle ós cidadáns a responsabilidade individual de axudar ós demais. Eximindo desta tarefa ó Estado. Unha medida Neoliberal onde as hai.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off