off
Língua, Normalización lingüística — 17 Maio, 2016 at 10:04 a.m.

17M.Manifestación a prol da lingua

by
17m_olallarodil_OLLAPARO
Olalla Rodil ‏@orodil 11 minHai 11 minutos. Así de linda loce a Praza da Quintana arestora. Aquí hai un pobo digno!

Ás doce do mediodía parte da Alameda da capital galega, a manifestación a prol da lingua convocada como cada ano pola plataforma ‘Queremos galego’ co lema ‘O idioma é a vida’. A mobilización  agarda reunir milleiros de persoas na defensa do idioma.

Reivindica o papel de Manuel María e das Irmandades da Fala xa que o lema ‘O idioma é a vida’ é un dos versos do poema A Fala de Manuel María, un poeta que se comprometou  co idioma, decote presente nas accións e actividades de defensa e promoción da lingua do país.

Percorrerá as rúas do Ensanche e da Zona Vella para rematar na Praza da Quintana onde amáis das intervencións haberá actuación de Mini e Mero,  Fran Amil e A Tribo Incompresíbel.

queremosgalego17M2016Xurxo Souto será o encargado de presentar un acto que contará tamén con actuacións musicais e a lectura colectiva de varios poemas.

Decretazo e deslexitimidade

Segundo manifestou na presentación da marcha Marcos Maceira, portavoz de Queremos Galego e presidente da Mesa pola Normalización Lingüísitic,  estamos nun contexto de “deslexitimidade” do ‘decretazo contra o galego, algo que ficou claro co informe do Consello de Europa. Maceira instou novamente Feijóo a que “dea os pasos precisos” para dotármonos dun novo decreto para o ensino en galego, “comezando por eliminar os artigos do decreto que prohiben o uso do galego”.

Queremos Galego salientou que “todos os avanzos para a lingua galego foron conquistas da sociedade”, polo que fan un chamado “a todas as persoas que aman Galiza, que aman a nosa lingua, que queren avanzos para ela, posibilidades de uso e accións públicas que permitan instalarse no galego con total liberdade a quen non o fala, sen estigmatización, sen desprezos”.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off