off
Flor do Monte, Natureza — 14 Maio, 2016 at 07:00

Huperzia selago (L.) Bernh. Ex Schrank et Mart.

por Rafael López Loureiro "Calel"
Huperzia selago (L.)(Flor do Monte.Novena entrega)

 

Huperzia selago.Foto: Calel

Huperzia selago.Foto: Calel

Mirade aí unha especie de planta extraordinaria. Sí, parece un brión, pero é un pequeno felgo da familia licopodiácea, escasísimo na nosa Galicia e do que só se coñecen alguns exemplares, raros, na serra dos Ancares e estes que van acompañando estas verbas, críados nalgún curruncho da serra da Capelada: a zona bioxeográfica de Galicia con maior variedade de felgos. Taxon por tanto valiosísimo pra á nosa serra. Outro berro verde pra conservación íntegra das condiciós ecolóxicas do nosos monte. Pra máis, Huperzia selago en toda a súa zona de expansión, unha ampla faixa mundial do hemisferio norte e nas montañas de Australia, Nova Zelanda e Tasmania, é un taxón pouco frecuente o que lle concede aos nosos exemplares un grande valor engadido. Máis se pensamos que probablemente este taxón do outomonte mantén estes exemplares capelados coma os que se dan en coutas máis baixas de todo o mundo. Herba tóxica, cargada de alcaloides, ten chamado nos últimos tempos a atención dos laboratorios farmacéuticos por descubrirse que a Huperzina A, é un potente inhibidor con gran efectividade e baixa toxicidade, da acetilcotinerasa, o que a convirte nunha candidata pra atopar un remedio eficaz da enfermidade de Alzheimer ou dos efectos devastadores do gas nervoso. Algo xa se sabía na menciña tradicional chinesa que utilizaba Huperzina serrata, unha parente da nosa, pra tratar maladías do sistema nervoso. Velaí. Coñecer pra protexer. Xa.

1 Comentario

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
%d bloggers like this: