off
Cedeira, Fin de semana, Galiza, Literatura, Poesía — 13 Maio, 2016 at 07:04

Uxía Senlle e Magín Blanco porán voz e música aos poemas de Manuel María

por Redacción

pancarta cedeira_17maio2016_OLLAPAROEn homenaxe a Manuel Maria, o poeta de Outeiro de Rei a quen este ano adicou a  Real Academia Galega o Día das Letras Galegas o Concello de Cedeira colocou unha pancarta que desde onte viste a fachada principal da Cámara Municipal, reflectindo e promovendo activamente o dia maior das nosas letras a carón dos actos oficiais das principais institucións culturais do país e dos programas de actividades  que teñen programados para festexar o Día das Letras Galegas o vindeiro 17 de maio moitos concellos e asociacións.  Ao longo de todo este mes a cidadanía pode participar nun amplo abano de actividades culturais (como concertos musicais, presentacións de libros, conferencias, recitais poéticos ou obradoiros didácticos para os máis pequenos/as) que están a ter lugar en diferentes puntos do país.

 A pancarta, de 250×90 centímetros, recolle unha imaxe do poeta chairego e una estrofa dun dos seus poemas máis coñecidos e celebrados “A fala”.

O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.

 

Música e teatro 

Por mor do dia grande das Letras Galegas, a Concellaria de Cultura organizou dúas actividades, unha teatral e outra musical, como homenaxe a Manuel María.

O día 17, a compañía Lucecús Teatro representará no Auditorio Municipal a obra “A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna”. O acto dará comezo ás 18.30 horas e o prezo da entrada é de 2,5 euros. En colaboración coa ANPA Picapeixe, do CEIP Nicolás del Río, agasallarase aos nenos e nenas cun conto en galego.

O día 21, Uxía Senlle e Magín Blanco porán voz e música aos poemas de Manuel María no espectáculo “Canta o Cuco”, que empezará ás 19.00 horas. Tamén neste caso as entradas teñen un custo de 2,5 euros.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
%d bloggers like this: