off
Movementos sociais, Politica internacional — 13 Maio, 2016 at 09:49

Dilma Rousseff chama a combater na rua o “golpe de estado”

por
dilma_procunciamento_maio_OLLAPARO

Agência Brasil

A suspensión do mandado de Rousseff é un feito histórico no Brasil. A derrota no Senado é o fin precipitado de 13 anos e 4 meses de governos do Partido dos Trabalhadores.

En pronunciamento nesta quinta-feira, Dilma reafirmou que o proceso aprovado polo Senado non se trata de un impeachment, mas un “golpe”. Malia unha parte da imprensa teimar en ver na destitución da presidenta iniciado o 17 de abril a través da votación no Parlamento unha mostra da democracia brasileira, os indicios fan entender outra cousa.

Domesticación do PT

O Partido dos Trabalhadores, foi acobardando seu reformismo desde os anos 80 até chegar ao governo pola eleición de 2002 cun programa negociado coas estruturas do poder dominante. O PT atraiu un setor da direita para un pacto de clases con prazo de validade e o pior é que se convenceu e seguiu convencido que pode ser parte confiábel do sistema das clases dominantes.O fracaso da colaboración de clases que soñou o PT e seus governos arrastou xunto o movimento sindical e popular, tirou a independencia de clase na loita da clase traballadora, dividiu e burocratizou as organizacións de resistencia. Fixo toda unha cultura política que produciu un suxeito domesticado polo poder, que puxo freios a na loita de clases.

Ao renunciar a reformar o sistema político do país, a esquerda soergueu a armadilla na que ficou atrapada.

Para o analista  Laurent Delcourt , investigador no Centre Tricontinental (CETRI) de Louvain-la-Neuve (Bélxica), este sería principal alicerce da “enganosa”  destitución de Rousseff.  Ao cabo, Michel Temer, coñecido por ser un “conspirador implacabel”, é o novo presidente interino após o Senado ter avalado o ’‘impeachment’.

Nas primeiras declaracións como expresidenta, a Dilma afirmou que “nunca imaxinei que teria de loitar mais unha vez contra un golpe de estado neste país”.

Quando uma presidenta eleita é cassada sob a acusação de um crime que não cometeu, o nome que se dá a isso no mundo democrático, não é impeachment. É golpe, afirmou

O Senado votou a favor do seu xuizo político despois de ter violado as leis de orzamento. Rousseff compareceu como “presidenta eleita”, nun claro desafio á situación creada con Michel Temer, até o de agora parceiro e vicepresidente, como presidente interino durante  180 dias. A que  xa é expresidenta insistiu na tese da súa defensa: a oposición e os seus antigos socios de goberno de dar un “golpe de estado”.

Posso ter cometido erros, mas não cometi crimes

Afirmou Rousseff -de 68 anos e vella loitadora contra as ditaduras militares- que falou de “sabotaxe” e acrescentou que a sua destitución non é apenas un ataque a súa persoa, mas á democracia e a lexitimidade dos votos. Pois os que chama de crime de responsabilidade non pasou de actos administrativos. Tamén lembrou que tais actos foran praticados polos presidentes que a antecederan. Ela tamén salientou que a sua traxetória de loita en defensa do país lle dá forza para resistir. “Lutei a minha vida inteira pela democracia. Aprendi a confiar na capacidade de luta do nosso povo. Já vivi muitas derrotas e vivi grandes vitórias. Confesso que nunca imaginei que seria necessário lutar de novo contra o golpe no meu pais”.

Acompañada de ministros e simpatizantes, instou aos seus a seguir “mobilizados nun momento decisivo para a democracia e o futuro da nación”. A carón tiña ao seu antecesor, Lula da Silva, que como todo o goberno Rousseff deixou de ser ministro, ainad que o seu nomeamento xa estaba bloqueiado xudicialmente.

Dilma frisou que “um governo que nasce do golpe, de um impeachment fraudulento” non será capaz de dar as solucións que o país precisa. “Será, ele próprio, a grande razão para a continuidade da crise política em nosso país”, enfatizou.

No pronunciamento acrescentou:

O que está em jogo no processo de impeachment não é apenas o meu mandato. O que está em jogo é o respeito às urnas, a vontade soberana do povo brasileiro e a Constituição. O que está em jogo são as conquistas dos últimos 13 anos. Os ganhos das pessoas mais pobres e da classe média. A proteção às crianças. Os jovens chegando às universidades e as escolas técnicas. A valorização do salário mínimo. Os médicos atendendo à população. A realização do sonho da casa própria com o Minha Casa, Minha Vida.

Debate maratoniano

O Brasil acordou co Michel Temer, de 75 anos e do Partido do Movimento Democrático Brasileiro (PMDB), como novo presidente da república. Durante 20 horas os senadores mantiveran un debate maratoniado e fnalmente aprovou o xuizo político contra Rousseff, por 55 votos a favor, 22 en contra e  unha abstención. No papel, Temer tén a  liderar un governo provisifonal de seis meses, o tempo que dure o  impeachment a expresidenta, mas o centrista anunciou que o executivo fará un xiro copernicano respeito ás políticas económicas progresistas do Partido dos Traballadores (PT).

5 Comentarios

  • A pequena burguesía que axudou ó PT xa non quere seguir ese camiño porque ven o seus intereses en perigo. Isto unido as clases medias que o son gracias o PT e que agora se dereitizan. Pasou o que tiña que pasar.
    Brasil non exerceu de potencia rexional. Agora o paga.

  • Aconteceu de novo o que leva a repetirse dun ou doutro xeito na rexión dende que o imperialismo Ianqui decidiu autonomearse policía, impositor de modelo económico e dono do mundo a un tempo.
    Onte empregaba os bombardeos aos parlamentos como o da Moneda en Chile, a ditadura e o asasinato como en Brasil, Arxentina, Chile… e todo o cono Sur e as operacións Cóndor. Así hoxe utiliza o “Golpe lento”, pois o de Brasil trátase de un movemento de Washington contra os BRICS. Washington está tratando de poñer no poder político a un partido títere de dereita neoliberal que Washington controle co propósito de por fin á crecente relación de Brasil con China e Rusia. Máis non só en Brasil está a ser diana da estratexia acoso de derrubo ianqui, tamén está a acontecer en Arxentina, Ecuador, Bolivia, Venezuela…

    A historia se repite, o capitalismo e o modo de vida americano é imperialista antidemócrata e antisocial por natureza.

  • Brasil non rompeu o consenso de Washington. Ninguén o rompeu.
    Cuba é a porta de América latina.
    O que se mete con Brasil tamén se mete con Cuba.
    O que se mete con Venezuela métese con Cuba.
    A rexión cambia.
    O que está claro é que a man Yankee que todo o mancha sempre vai a querer influir en Latinoamérica.
    Teñen (temos) unha boa penitencia.

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: