off
Política, Politica espanhola — 10 Maio, 2016 at 7:36 a.m.

IU e Podemos chegan a un preacordo eleitoral para iren xuntos o 26J

by

O nome definitivo da  coalición ainda non se publicitou, ainda que figurarán as siglas das formacións. Pablo Iglesias avisou que  “Necesitaríamos gobernar co PSOE e, se gañamos, non quero que fiquen fora”


IU terá un de cada seis deputados que a coalición gañe o 26J. As dúas formacións estatais farán campaña por separado, ainda que  colocaran os seus logotipos nos billetes eleitorais.

Podemos e IU chegaron na segunda-feira a un preacordo eleitoral para iren xuntos logos de duas semanas de intensas negociacións, os dous partidos estatais salvaron o derraceiro atranco das listas eleitorais. O obxectivo é “recuperar” o Estado en favor das maiorías sociais e gañar as eleicións ao PP.

Gaspar Llamazares, excoordinador federal de Esquerda Unida, rexeitou o acordo en  declaracions á axencia Efe.”Quero ver os pormenores e   debullar onde se agocha o demo”, declarou.

O lider de Podemos, Pablo Iglesias, e o de IU, Alberto Garzón, explicaban onte os pormenores do preacordo en Madrid.   Iglesias pendurou  un vídeo no seu Facebook no que  reivindica a suma e acaba fundíndose nunha aperta co lider de IU na Puerta del Sol, un espazo vinculado ás reivindicacións do  15-M, cinco anos após daquela esvaída mobilización cidadá.

Os cálculos da formación liderada por Garzón pasan de acadar entre nove e dez deputados próprios no Congreso .Podem e IU submetarán o acordo das cúpulas á validación das súas bases.

Xuntiños, mas non tanto

É a máxima do acordo entre Podemos e IU de cara o 26-J. Un “matrimonio de conmenencia”, como o definiran o exsecretario de organización de Podemos  Sergio Pascual así como a presidenta andaluza, a  socialista Susana Díaz.  Ambos e dous partidos buscan esnaquizar a lei eleitorals para atraer mellores resultados  no  que achan é unha segunda rolda eleitoral. Non se trata, porén, dunha confluencia mas unha coalición a nivel estatal nos termos a seguir:

  • Fórmula xurídica: Unha coalición de partidos.
  • Àmbito: Estatal (agás en Galiza, Catalunya  e o  País Valencià,onde se apresentan coas confluencias).
  • Visibilidade: Hase manter a imaxe dos dous partidos por separado, conscentes que representan identidades políticas e liderados diferentes.
  • Campaña:  Campañas diferenciadas con algúns actos en parcería (ainda non definiron que actos mas prevese cos líderes das confluencias). Precisan partillar os espazos de balde de propaganda eleitoral.
  • Programa: Un programa de mínimos, mas  respeitando o programa de cada partido en campaña. Quer dicer, IU seguirá defendendo a  III República. O rascuño  que presentou Garzón insire  “a defensa do dereito a decidir”.
  • Grupo no Congreso e no Senado: Apostar por un grupo parlamentar confederal com o que tivo até agora Podemos. O obxectivo é repartiren o tempo de intervención.IU suliña que non seria o grupo de Podemos, mas unha coalición estatal. A outra opción que tería   IU, igual que fixo Compromís e non En Marea, seria ir ao grupo mixto. Permitiríalle ter máis tempo de intervención nos plenos, ainda que na contra poderia presentar menos iniciativas e a subvención parlamentar é muito máis baixa.
  • Subvencións: Un dos aspectos vitais para IU, con nove millóns de débeda. Repartimento dos recursos de campaña, así como dos cartos que o Estado devolve unha vez realizadas as eleicións e os dos grupos parlamentares.
  • Órgano de goberno de coalición. Coordinación a través dun ógano de goberno con reparto a todas as forzas, segundo o nivel de peso relativo.

As confluencias foran o revulsivo de Podemos o  20-D, e agora o partido lila arela que o sexa a alianza con IU. Iglesias olla o PSOE  de esguello e desafía a Rajoy, confiado que gañar é posibel.  Ve doado superar aos socialistas en votos, porén consideran máis dificil gañar máis escanos. En Podemos acreditan que Sánchez acabará acceptando que volva gobernar o PP. Un xeito de presionar ao Psoe para que clarexe se entraría nun goberno de Podemos e IU. Eís o convencimento- ou o órdago- de que o acordo con IU permitiría facer o ‘sorpasso’ ao PSOE.

Nunha entrevista na Cadena SER, Iglesias suliñou que logo do 26J necesitarán gobernar co  PSOE, acrescentando que no caso que a suma de  Podemos e IU sexa a forza máis votada gostaríamos que os socialistas estiveran dentro do goberno. “Necesitaríamos gobernar co PSOE e, se gañamos, non quero que fiquen fora”, avisou.

One Comment

  1. IU fagocitada. Acabouse o eurocomunismo.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off