off
Ciencia — 9 Maio, 2016 at 11:57

O tránsito de Mercurio

por Redacción

Un fenómeno infrecuente.  Dende as 13.12 horas atés ass 20.42, pasará entre a Terra e o Sol, e proxectará súa sombra como unha pequena nódoa negra que se despraza paseniño en liña recta sobre a estrela.

transitodemercurio

Ainda que o pequeno planeta pasa entre a Terra e o sol cada catro mesee, o tránsito só se produce cando o Sol, Mercurio e a Terra están aliñados, fenómeno que acontece poucas veces xa que as órbitas dos dous planetas non son circulares nen iguais en excentricidade. Nun século acontece 13 veces, máis do que o tránsito de Venus que o fai 2 as veces por século.

O derradeiro tránsito de Mercurio foi o 8 de novembro de 2006, que puido ser visto na península ibérica. O próximo será o 11 de novembro do 2019. Dende Galiza segundo informou o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC poderase ver  “nalgún momento de entre as súas máis de 7 horas de duración”.

Segundo Xosé Anxo  Docobo, director do Observatorio, “o único método seguro para seguir o tránsito é proxectar a imaxe do Sol sobre unha pantalla, nunca mirando cara el directamente”.

Para facilitar o seu seguimento, o Observatorio da USC organizará unha sesión de observación pública incluída no seu programa de divulgación TodoCosmos que comezará ás 13.30 horas se as condicións meteorolóxicas o permiten.

 

O primeiro tránstio observado  e descrito desde Galiza foi  en1907

O primeiro tránsito de Mercurio do pasado século fora seguido dende Lalín en 1907 por Ramón María Aller Ulloa, facendo logo unha pormenorizada descrición do suceso nun texto que permaneceu inédito ata 2013, data na que foi publicado de xeito facsimilar no número 12 do anuario Descubrindo.   No pasado, os tránsitos foron moi útiles para axudar a determinar as dimensións do Sistema Solar. Na actualidade, a súa observación noutras estrelas é unha das técnicas que máis planetas extrasolares ten permitido descubrir.

Mercurio é o planeta máis próximo ao Sol e o segundo máis pequeno do Sistema Solar. Está a unha distancia de 77 millións de quilómetros da Terra.  Hoxendia o seu tránsito ten un valor máis estético do que científico xa que tampouco serve para descobrir novos dados sobre Mercurio, daí as misións  das axencias do espazo europea ESA e da norteamericana  NASA,

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: