off
Língua, Normalización lingüística — 8 Maio, 2016 at 7:13 a.m.

Queremos Galego reivindica o dereito a vivir en galego

by

A plataforma cidadá Queremos Galego, que agrupa a máis de 600 colectivos sociais de diversos ámbitos, presenta a convocatoria da manifestación do 17 de maio, que coincidindo coa celebración do Día das Letras, percorrerá as rúas de Santiago de Compostela para reivindicar de xeito festivo o dereito a vivir en galego.

O lema escollido nesta edición é “O idioma é a vida”, un verso do poema “A fala” de Manuel María, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas este ano. O acto, no que tamén se conmemorará o centenario da creación das Irmandades da Fala, rematará coas actuacións musicais de Mini e Mero, e de Fran Amil e A Tribo Incompresíbel.Cartaz_O_idioma_e_a_vida_A3-724x1024

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off