off
Desporto Cedeirense — 6 Maio, 2016 at 6:55 a.m.

Terceira edición da Carreira Nocturna San Isidro de Cedeira

by

A festa de San Isidro na vila de Cedeira conmemórase coa celebración dunha carreira nocturna que este ano terá lugar o próximo sábado, a partir das dez da noite.


A proba, que chega á súa terceira edición, é puntuable para o circuíto Cedeira Deporte 2016. Os atletas interesados xa poden inscribirse na páxina web www.proba-t.es e obter máis información poñendose en contacto co director, Xan Xosé Suárez, a través do número de teléfono 652 214 833. A organización establece un total de catro categorías: benxamín (ano 2007 e posteriores), que correrán 800 metros; alevín (2005 e 2006), 1.800 metros; infantil (2003 e 2004), 1.800 metros; e absolutos (2002 e anteriores), 5.000 metros. A recollida de dorsais e chips terá lugar o mesmo día da competición atas as 21.30 horas.

O pavillón polideportivo acollerá os servicios para os atletas. Os mellores de cada categoría obterán premio.

 

Remo

BATEL_Vigo2016A tripulación absoluta masculina de bateis do Club de Remo de Cedeira logrou o sétimo posto no campionato de España celebrado o pasado fin de semana na ría de Vigo. O club local conseguiu así manterse entre os grandes do remo do estado español, agrupacións tan importantes en historia e sobretodo en recursos como Astillero, Kaikú, Tirán, Cabo de Cruz e Zierbena.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off