off
Cedeira, Meio ambiente, Política local — 6 Maio, 2016 at 6:47 a.m.

O Concello de Cedeira asina un contrato de xestión para optimizar e mellorar os consumos enerxéticos

by

O obxectivo marcado é reducir o gasto enerxético e de emisión de CO2 nun 5% anual sen menoscabo de prestacións e confort.


A Cámara Municipal Cedeira vén de asinar un contrato de xestión enerxética con Energal, empresa especializada en eficiencia e aforro enerxético. Este servizo, ten como finalidade principal, optimizar e mellorar os consumos enerxéticos no alumeado exterior e nos edificios do propio concello, comezando por realizar unha auditoría e instalando equipos de medición para saber onde e cómo se está consumindo a enerxía que pagamos entre todos os cedeireses, así como facer un inventario de todas as instalacións, ademais de avaliar e propoñer as melloras a aplicar.

Segundo fontes do Concello, unha vez sabido canta enerxía consumimos e onde, imos desenvolver estratexias de mellora continua que permitan ao goberno local aportar o seu grao de area no cumprimento do gran obxectivo europeo, seguido xa por moitísimos concellos, de loitar decididamente contra o cambio climático que xa sufrimos, reducindo o 20% do consumo e das emisións para o ano 2020.

O plan supón ademais un amplo paquete de actuacións que van desde o etiquetado enerxético dos edificios municipais ata a organización de charlas para escolares, pasando por actividades formativas para empregados municipais e implantación, a medio prazo, da telexestión enerxética a través de TIC,s.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off