off
Cedeira, Desporto Cedeirense — 6 Maio, 2016 at 7:02 a.m.

O Clube Bádminton de Cedeira acada tres títulos no campionato estatal celebrado en Ourense

by

Tres xogadoras do Clube de Bádminton de Cedeira subiron ao poido no campionato estatal celebrado no Pazo de Deportes de Ourense.


badminton (1)O Pazo de deportes “Paco Paz” de Ourense acolleu os días 29 e 30 de abril e 1 de maio un campionato que este ano chegaba á súa XXXV edición.

Hilda Martínez, do Club de Bádminton de Cedeira, revalidou por tercer ano consecutivo o título de campiona de España na categoría individual Feminino C2.

O clube cedeirés, que acudeu a cita cun total de catorce xogadores, logrou así mesmo o ouro en dobres mixtos D con Dolores López e Santiago Freire, que subiron ó máis alto do podio acadando o título de campións de España.

Dolores López pasou ademáis á final individual feminino D, conseguindo a súa segunda medalla de ouro, e polo tanto procamándose campiona de España. O club cedeirés mantense como un dos mellores, na categoría senior, a nivel nacional.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off