off
Cedeira, Educación, Libros, Xente — 5 Maio, 2016 at 09:39

A biblioteca escolar do Nicolás del Río levará o nome “Carlos Labraña”

por Redacción

bibliotecaescolarDesde onte a biblioteca escolar do CEIP Nicolás del Río leva o nome de Carlos Labraña, veciño da localidade e dramaturgo especialista en teatro infantil. Labraña foi o gañador da oitava edición do premio Estornela de teatro para nenos e asistiu hoxe aos actos da Festa dos Libros do centro, no marco da cal se rebautizou a biblioteca. O acto no que se celebrou o cambio de nome contou coa intervención do alcalde, Pablo Moreda Gil, que destacou a importancia que teñen as bibliotecas escolares para facer posible o primeiro encontro dos nenos coa literatura e tivo palabras de agradecemento e recoñecemento para aquelas persoas que o fan posible no caso do colexio Nicolás del Río.

Moreda Gil, que resaltou o carácter emotivo e divertido do encontro, abundou na súa reflexión sobre a faceta dos docentes e dos propios colexios como persoas e entidades comprometidas coa cultura e fixo unha mención especial á persona que está á fronte da biblioteca e aos nenos que traballan como voluntarios para o bo funcionamento do servizo.

Carlos Labraña interveu tamén no acto coa lectura dunha pequena obra de teatro escrita por él para a ocasión, o que foi especialmente valorado polos presentes.

O programa matinal finalizou cunha degustación de pinchos. Xa pola tarde, a Festa dos Libros continuou coa firma de exemplares por parte do homenaxeado e a unha pequena representación teatral a cargo dos alumnos do centro. Os rapaces puxeron en escea a obra “O galo de Portugal, camiño de Compostela”. A Festa dos libros no Nicolás del Río proseguirá uns días máis con actividades diferentes e participativas.

Nota de imprensa: Pingota Comunicación

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
%d bloggers like this: