off
Economía, Europa, Mundo, Politica internacional — 3 Maio, 2016 at 8:47 a.m.

Greenpeace filtra documentos que mostran as dificultades do acordo de libre comercio Europa-EUA

by

Greenpeace Holanda  vén de publicar no seu web documentos (248 páxinas confidenciais das negociacións, 13 capítulos consolidados sobre o TTIP (Asociación Transatlántica de Comercio e Investimento, máis coñecida polas siglas en inglés Transatlantic Trade and Investment Partnership), máis unha nota intitulada “Estado táctico das negociacións TTIP – marzal de 2016) que amosan as aparentemente fondas  divisions entre os dous blocos e a presión dos EUA para que a UE se aveña a rebaixar as súas regulacións máis estrictas. Con  certeza, o maior desasosego das organizacións e cidadáns que están en contra.

“Estes documentos confirman o que tiñamos dito dende hai tempo: o TTIP poría as corporacións no centro das decisións políticas en detrimento da saúde pública e o medio ambiente , afirmou Jorgo Riss, director de Greenpeace Europa.

Se o posicionamento da EU era ambiguo e contraproducente, a dos EUA  é mesmo pior, engadiu Riss.No entanto, Bruxelas negou as acusacións da organización ecoloxista. Nun texto no seu blogue, a comisaria  de Comercio, Cecilia Malmstrom ,afirmou que a UE non  dobregará ante as presións norteamericanas.  “Ningún acordo comercial da UE rebaixará o noso nivel de protección aos consumidores, a seguranza alimentaria ou o medio ambiente”, escribiu.

Na Europa, hai algúns gobernos- nomeadamente na Francia-  que recelan do TTIP, ainda que o tratado segue a contar co apoio e o liderado da chanceller  Angela Merkel, e outras capitals europeas.

A filtraxe dos documentos revela pola primeira vez as propostas da adminitración Obama. Até o de agora só a UE publicara os seus posicionamentos, ainda que as conversas con Washington e os seus resultados ficaran na opacidade o secretismo. Un caso de desavinza entre os negociadores é o uso dos animais en ensaios no sector da cosmética, unha práctica permitida nos EUA mas vetada na UE. Outros aspectos que aos que non se chega a acordo son o uso de pesticidas ou a alimentación animal que despois é consumida por humanos.

En xeral, as normativas de protección sanitaria son máis restrictivas na UE, onde quen máis ordena é o “principio de precaución”, alicerzado en prohibir todo aquilo que é sospeitoso, ainda que non esté demostrado científicamente que sexa novico para a saúde.Porén, o goberno dos EUA quere que no  TTIP non se insira este principio para os productos importados dos EUA e que se recoñeza que a súa orientación é xustamente a contraria: para prohibir un aliment ten de demostrarse que é nocivo para a saúde.

Nos Estados Unidos estan autorizados, por exemplo, os alimentos modificados xenéticamente para o consumo humano ou a carne desinfectada con cloro, productos interditos nos paises europeus.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off