off

“O idioma é a vida”

por Redacción

Queremos Galego reivindicará cambios na lexislación que eviten decretazos como o do ensino ou sentenzas como a do TSXG. Baixo o lema “O idioma é a vida. Maniféstate pola lingua!” convoca a unha manisfestación o  17 de maio ás 12h na Alameda de Santiago de Compostela


Membros da xestora nacional da plataforma cidadá Queremos Galego, que agrupa a máis de 600 colectivos sociais de diversos ámbitos, compareceron esta mañá diante dos medios de comunicación para presentar a convocatoria de manifestación do 17 de maio, que congregará miles de persoas “mostrando, máis unha vez, que a inmensa maioría do pobo galego quere a súa lingua e accións políticas reais e efectivas apra repola e rehabilitala en todos os espazos”.  Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e portavoz de Queremos Galego afirmou a presentación que “Vivir en galego é un dereito, non unha concesión”

 “A escasa e limitada lexislación que ampara o galego non pode ser utilizada para atacar os espazos conquistados para a lingua pola sociedade”

 Maceira, lembrou a participación habitual de Manuel María en todas as accións e actividades de defensa e promoción da lingua do país e o seu compromiso con moitas causas xustas, nomeadamente a da lingua galega.  Por isto “a voz e a palabra de Manuel María estará presente no acto final da manifestación que se celebrará na Praza da Quintana onde tamén contaremos coa actuación de Mini e Mero ou de Fran Amil e A Tribo Incompresíbel.

O acto final será unha mostra masiva da alegría e do orgullo que temos como pobo  por contarmos con lingua propia, que está viva grazas ao traballo e o compromiso, practicamente en solitario, da propia sociedade, malia a actitude tantas veces hostil dos gobernos da Xunta e do Estado e mesmo dos tribunais, como evidenciou recentemente o TSXG. Festexaremos, ademais, 100 anos de defensa continuada da normalidade para o galego”, sinalou Maceira, en referencia ao centenario da creación das Irmandades da Fala.

A manifestación deste ano prodúcese nun contexto no que o decretazo contra o galego, que impuxo Feixó en solitario e sen ningún apoio, está absolutamente morto e deslexitimado, como lembrou recentemente o Consello de Europa, polo que Maceira instou novamente ao presidente Núñez Feixó a que dea, por fin, os pasos necesarios para contarmos cun novo decreto para o ensino en galego, comezando por eliminar os artigos do decreto que prohiben o uso do galego.

“O goberno de Feixó ten a responsabilidade de velar polos intereses de Galiza, quen ataca a lingua de Galiza, ataca os intereses de Galiza, a vida de Galiza, a súa capacidade para desenvolverse plenamente. A lingua propia une e fortalece. Feixó ten un compromiso legal coa lingua, mais tamén moral como presidente da Xunta”, afirmou o portavoz de Queremos Galego. Por iso, indicou, ten a obriga de pechar a porta que abriu, e o TSXG, nunha sentenza ideolóxica e sumpremacista, acaba de cruzar”.

En xullo do ano pasado o Partido Popular asinou a declaración de unidade a prol da lingua galego, asumindo un compromiso, xunto a outras moitas organizacións políticas, de combater prexuízos e aplicar todos os acordos arredor da lingua, “sen que aínda hoxe visemos nin unha soa acción favorábel ao dereito a vivirmos en galego”.

Por iso considerou Maceiras que “a lingua galega ten que regresar ao debate político para, entre todos, falarmos de como recuperar os espazos onde debe estar, non para o contrario”.

 

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
%d bloggers like this: