off
Flor do Monte, Natureza — 30 Abril, 2016 at 9:07 a.m.

Linaria aguillonensis (García Martínez et Silva Pando)

by
Linaria aguillonensis(Flor do Monte.Sétima entrega)
Linaria Aguillonensis. Foto: Calel
Linaria Aguillonensis. Foto: Calel

Aí temos a linda paxariños presumindo lizgaira da súa fermosura enxebre, mentres adubía os muros do Castelo da Concepción de Cedeira. Podedes ir ver este endemismo do noroeste cando queirades, non sendo no corazón do inverno, xa que ten un longo período de floración. Exclusiva das nosas costás e areeiros, estende as súas poboacións ate a Costa da Morte, tendo o seu límite sur nos cantís salvaxes do Cabo Vilán, coutándose cara a leste en Vares. Tan nosa é que leva no seu apelido o símbolo xeográfico do Ortegal: os aguillós do cabo. Sen ter un número extraordinario de individuos, calcúlase que o total da súa poboación sexa arredor dos tres mil cincocentos exemplares, si está en mellores perspectivas ca outros endemismos nosos que parecen estar a dar as boqueadas derradeiras, Crepis novoana, por exemplo. O pisoteo, o sendeirismo sen sentido, as cabuxas asilvestradas sen lei, e as fumigacións con herbicidas de algunhas das súas poboaciós, as de Cedeira sen ir máis lonxe, preséntanse como os factores determinantes do seu posible declive poboacional, só aminorado por apareceren algunhas das súas colonias en lugares ben alonxados do trafego humano. Coñecer para protexer. Xa.

One Comment

  1. Os herbicidas son catastróficos. Ameazan a biodiversidade.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off