off
Cedeira, Natureza — 29 Abril, 2016 at 6:58 a.m.

Nenas e nenos da escola Nicolás del Rio plantan vidueiros e carballos

by

plantación_cedeira_ollaparo Voz natura, Anpa, Ceip Nicolàs del Rìo e  Concello de Cedeira colaboraron onte nunha plantación de árbores na que os miúdos e miúdas da escola Nicolás del Río foron protagonistas. Un grupo de escolares de Infantil e Primaria do centro participaron activamente nunha iniciativa “que é unha boa lección de vida”, segundo apuntou o alcalde, Pablo Moreda, ao termo da experiencia.

A plantación levouse a cabo no paseo fluvial -onde os nenos plantaron vidueiros acompañados polo responsabel do distrito forestal Roberto Cribeiro– na contorna de Santo Antón do Corbeiro, e no propio recinto escolar. Carballos e cipreses de Leyland foron outras das especies que dende o día de hoxe axudan a incrementar a riqueza medioambiental no municipio de Cedeira.  A Anpa e o distrito forestal centraron a súa parcería  en Santo Antón e ao redor da escola. En San Antón prantàronse carballos, freixos e pradios, e ciprés de leyland como cortaventos

Segundo manifestou o axente medioambiental  Roberto Cribeiro, na planta de árbores colaborou o Distrito forestal de Ferrol(Conselleríaa do Medio rural) cunha brigada e Manolo de Meizoso .  

O alcalde afirmou que iniciativas como estas fan que aos rapaces entendan mellor a importancia que ten o medio ambiente para garantir a conservación do planeta e agradeceu a Voz Natura e á dirección do centro escolar a posibilidade que se lle deu ao Concello de colaborar.

Transporte metropolitano

 transmetropolitano_ollaparoMoreda, estivo presente hoxe na reunión celebrada en Ferrol para a renovación do convenio do transporte metropolitano. Moreda xustifica o apoio do goberno cedeirés ao acordo coa a Xunta na necesidade de garantir o servizo aos usuarios. “Estabamos un pouco obrigados a manter o compromiso coa Xunta para non deixar aos veciños sin esa bonificación”, asegurou. Non obstante, o alcade lembrou as moitas necesidades que existen na comarca en relación co transporte colectivo e valorou o paso dado hoxe coa creación dun grupo de traballo para tratar de mellorar o acordo coa administración autonómica.

Nota de imprensa: Pingota Comunicación

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off