off
Cedeira, Medio ambiente, Pesca — 24 Abril, 2016 at 11:14

Crónica da constitución de Plataforma de defensa da Praia e Ría de Cedeira.

por Xandro Garcia

plataforma_RIA22_04_2016_2

O pasado día 22 de abril, membros de ADEGA e SomosCedeira participamos na constitución dunha plataforma cidadá en defensa da praia e da ría de Cedeira. Este acto organizado polo Concello de Cedeira, no que participaron unha ducia de asociacións cedeiresas, comezou cunha breve exposición por parte de ADEGA e SomosCedeira sobre a situación actual da praia así como das vantaxes de constituír unha plataforma que vele pola defensa do entorno. A continuar houbo un prolongado debate, no que participaron todos os que alí estaban presentes e rematou coa encomenda para ADEGA e SomosCedeira de elaborar un documento de inicio. Este documento será trasladado ao Concello que se encargará de distribuílo ás demais asociacións para despois poder debater e melloralo.

É de resaltar a excelente disposición do Concello de Cedeira que se encargou de organizar o acto e convocar a toda a cidadanía, así como de todos os asistentes que amosaron un gran preocupación polos problemas que se manifestan na praia, e amosaron a súa disposición para tratar de solucionalos.plataforma_RIA22_04_2016_3

Esta plataforma nace coa intención de que informar á cidadanía da problemática da praia, e de tratar de dar solucións a un problema multifacetado. Despois das mobilizacións realizadas no areal no ano 2013 demandando a paralización das obras que pretendían soterrar a praia e a reserva mariña de Cedeira, este é un paso máis para continuar a demandar unha boa xestión deste espazo protexido. Así, a plataforma estará aberta a todos os que queiran participar.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
%d bloggers like this: