off
Cedeira, Movementos sociais — 24 Abril, 2016 at 9:30 a.m.

Comeza a mobilización dos veciños contra a Planta de Gas

by
Escola de Sisalde
O Escolar de Sisalde estará aberto toda a mañá do domingo para recoller sinaturas

A Asociación de Veciños e Veciñas de Esteiro recolle con éxito as primeiras sinaturas contra a instalación da PGL na mesa instalada na Praza Roxa coa colaboración do Concello. O texto das alegacións para a recollida de sinaturas tamén foi repartido polas cafeterias e tendas da vila para que a veciñanza poda informarse e asinar. Nun breve parlamento, a concelleira de urbanismo Maria Xosé Rodríguez leu lectura ás alegacións presentadas polos veciños.

Malia chover a canadas toda a mañá, moitos cedeireses foronse achegandose á Praza Roxa a informarse da polémica intención de Gas Galicia de ubicar unha planta satélite de almacenamento e redistribución de gas licuado nunha zona de alto impacto ambiental e paisaxístico.

“O importante é manter a unidade veciñal xa que temos razón e diante está unha grande empresa con outros intereses”, afirmou unha veciña

No dia de hoxe o Escolar de Sisalde, arriba da Igrexa, estará aberto para os veciños que se queiran achegar asinar. A Asociación de Esteiro recollerá sinaturas porta a porta polos diferentes lugares da parroquia.


Ao mellor tamén che interesa:

Cos ollos ben abertos e o gas pechado

Para onde vais, Gas Galicia?

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off