off
Sen categorizar — 22 Abril, 2016 at 08:07

O goberno de Cedeira pide a colaboración de todas as entidades par evitar a construción da Planta de Gas en Esteiro

por

O goberno de Cedeira solicita o respaldo das entidades locais de cara á celebración da campaña de recollida de firmas en contra da instalación da planta de gas no municipio.


A iniciativa levarase a cabo esta fin de semana na praza Roxa, a partir das doce do mediodía. O Concello e a Asociación de Veciños de Esteiro veñen traballando de maneira conxunta para unificar posturas e accións coa fin de evitar a materialización do proxecto nesta paroquia. Agora o goberno quere que esta boa sintonía se amplíe á totalidade das sociedades locais, por entender que non se trata dun asunto que poida limitarse a unha única zona do territorio local.

“De saír adiante, o proxecto prexudicaría ao conxunto do municipio”, manifestou hoxe a concelleira de Urbanismo, María Xosé Rodríguez.

A construción e posta en funcionamiento da planta satélite de almacenamento e regasificación de gas natural licuado é unha iniciativa promovida pola empresa Gas Galicia. En contra dela, o goberno cedeirés xa presentou alegacións dentro do ámbito das súas competencias en base a incumprimentos urbanísticos e medioambientais.

gasgalicia_saá_cedeira

Nota de imprensa: Pingota Comunicación

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: