off
Cedeira, Ecoloxía, Flor do Monte, Natureza — 22 Abril, 2016 at 07:02

Culcita macrocarpa (C. Presl, 1836)

por Rafael López Loureiro "Calel"
Culcita macrocarpa(Flor do Monte.Sexta entrega)
Culcita macrocarpa

Culcita macrocarpa, Capelda. Foto: Calel

Aí tedes a mellor colonia de Culcita macrocarpa de toda Europa resisitindo ás agachadas nalgún curruncho da Capelada. Culcita macrocarpa, a felga dos cabeliños (e tamén “helecho de colchoneros”), é un residuo da Era Terciaria, cando todos os arredores da área mediterránea eran bosques tropicais. Hoxendía os restos destes matos tropicais están reducidos a zona bioxeográfica coñecida como Macaronesia: Azores, Madeira, Canarias, Illas Salvaxes, Illas do Cabo Verde, con quen partillamos unha ampla representación de felgos dun valor botánico e de historia da bioloxía sen par. Debería de saberse que a Serra da Capelada é a área da Galicia cunha maior diversidade de pteridoflora, quere decirse felgos e felgas. Debemos agradecer ao grande labor de investigación e descuberta do malogrado botánico ferrolán Xabier Sóñora o coñecemento das poboacións da felga da cabeliña na serra da Capelada. Próximamente, Cedeira e Ferrol ofreceranlle a homenaxe que a súa memoria merece. Culcita macrocarpa é taxón en claro perigo de extinción e, como recoñece o Libro Rojo de la Flora Vascular Española, cun futuro incerto por mor das repoboaciós ultraliberais de eucolito que fan desfeita dos bosques de ribeira, as técnicas devastadoras desa mesma explotación forestal e a iñorancia e desidia xeralizada. Coñecer para protexer. Xa.

1 Comentario

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
%d bloggers like this: