off
Cedeira, Educação, Livros — 21 Abril, 2016 at 12:29 p.m.

A escola Nicolás del Río de Cedeira celebrou a súa 5a Feira dos Libros

by

A biblioteca escolar  pasará a chamarse Carlos Labraña, dramaturgo cedeirense de teatro infantil


A comunidade escolar do colexio Nicolás del Río de Cedeira celebrou a 5a Feira dos Libros, unha iniciativa coa que se busca fomentar a lectura entre os escolares dun xeito participativo e diferente.

A cita deste ano -inaugurada esta mesma semana- ten como temática a Grecia clásica, polo que foi rebautizada co nome de “Feiropolis”. O programa prolongarase catro martes máis ata finalizar o día 10 do próximo mes de xuño. O acto inaugural contou coa presencia do edil de Educación, Robustiano Labraña.

Os rapaces son os que aportan os libros para trocar cos seus compañeiros e tamén son os que decoran a aula para convertela no epicentro da actividade.

A xefa de estudos, Iria Riveiro, explicou que os nenos aportan dous libros dos que teñen na casa para crear un fondo bibliográfico, una cesión coa que os rapaces adquiren o dereito de levarse un exemplar dos que previamente xa foron anotados no “Rexistrópolis”. A organización coida todos os detalles e os nenos axudan a levalos adiante.

ferialibro_21_04_2016
Foto: Pingota Comunicación

A celebración da feira, que tamén está aberta á participación de familiares e amigos, da pé ademais ao desenvolvemento de actividades paralelas. Entre as que aínda están por vir, que son moitas, cabe destacar a reinauguración da

Trátase así de rendir homenaxe a un dramaturgo especializado en teatro infantil e gañador, no ano 2014, da oitava edición do premio Estornela de teatro para nenos. A xefa de estudos confirmou que Carlos Labraña, natural de Cedeira, estará presente no acto e particiará activamente no mesmo.

Nota de imprensa: Pingota Comunicación

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off