off
Cedeira, Medio ambiente, Movementos sociais — 20 Abril, 2016 at 08:00

A Asociación de Veciños de Esteiro recollerá sinaturas contra a ubicación da Planta de Gas

por Redacción

A Asociación de Veciños de Esteiro presentará á veciñanza as primeiras alegacións xerais contra a instalación dunha Planta de Gas Natural Licuado (GNL)  nos lugares de Saá-Loureiros, na parroquia de Esteiro, coincidindo cunha campaña de recollida de sinaturas que comezará ás doce do mediodía na Praza Roxa  o vindeiro sábado 23 e terá unha segunda quenda de recollida o domingo 24 á mesma hora e lugar.

O texto – que xa conta co apoio explícito de ADEGA  e SOMOS CEDEIRA, ademáis dalgunhas personalidades vinculadas ao lugar que xa o subscribiran a titulo persoal-  dá soporte argumentativo á iniciativa de recoller  sinaturas que xurdiu entre os veciños hai unha semanas cando se deron a coñecer públicamente as alegacións do Concello realizadas no ámbito das súas competencias urbanísticas fronte a instalación da GML de Gas Galicia, sendo a súa obriga  e cortesía debida facelo a tempo e non esperar -como aconteceu- a que os veciños de mobilizaran  personándose no mostrador da casa do Concello para pedir información, para logo dicir  esta boca é miña.saa_esteiro_cedeira_GasGalicia2

Os veciños e veciñas que presentarán o  sábado 23 e o domingo 24 o documento coas primeiras adesións, esperan que sexa suscrito na súa totalidade pola Cámara Municipal  a través dun pleno – cousa que ainda non se fixo-  e que se vaia sumando o tecido social, empresarial, político e asociativo de Cedeira logo de ser compridamente informado.

Entre os alegados argumentos a Asociación de Veciños de Esteiro pide  “que se mude a localización da citada instalación en vista da deficiente exposición pública do proxecto, como xa sinalou o informe técnico elevado no seu momento polo Concello a prol de que non se impulsen proxectos gasísticos de almacenamento e distribución e se potencien as renovables, e moi especialmente porque Cedeira dispón dun polígono industrial coas condicións adecuadas e maiores garantías medioambientais e sociais para acoller industrias que, como a aludida, entrañan un nivel de risco e alarma social en canto a Seguridade, Saúde, Contaminación, Impacto sobre o territorio e Agresión ambiental, entre outras. Como demostra o feito de que xa o 4 de novembro de 2011 Gas Galicia obtivese licenza para esas instalacións no Parque Empresarial A Trabe (expediente IN627A2008/9-0)”

A Asociación de Veciños de Esteiro  fai así un chamado aos veciños e veciñas a rexeitar a intención de Gas Galicia de ubicar unha Planta de Gas Natural Licuado nunha superficie de 6493m² calificada como solo non urbanizabel de protección agropecuaria  e cuxa perigosidade e proporcións volumétricas fan inaceptabel a súa ubicación  nas cercanías de núcleos habitados, en leiras intensivamente cultivadas, rente os regatos de Saá e Redemuiños, perto da cancha deportiva parroquial, do adro e do campo da festa de San Fiz de Esteiro, e do Escolar de Indianos, hoxe sede da Asocación de Veciños de Esteiro,  “o que incide negativamente na valoración económica, paisaxística e estética do patrimonio, as vivendas e as faenas agrícolas-gandeiras sustentables que alí se realizan, todas elas actividades respectuosas coas distintas afeccións legais da contorna involucrada, cualificado de uso rústico de especial protección”,  ademáis do risco potencial da instalación pola súa ubicación nunha contorna de poboación a a escasa distancia do adro das festas de San Fiz de Esteiro, o que dá lugar a unha concentración de varios centos de familias varias veces ao ano. Festas e celebracións nos que tradicionalmente se usan dispositivos pirotécnicos (petardos, bengalas, etc.) para “fogos artificiais” que adoitan dispersar faíscas e cinzas nun radio de acción variable respecto ao foco de emisión”.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
%d bloggers like this: