off
Cedeira, Estado, Historia — 16 Abril, 2016 at 9:31 a.m.

Comezan en Cedeira os actos de homenaxe e lembranza aos represaliados

by

Enrique Barrera, escritor, historiador e representante da asociación Memoria Histórica e Democrática de Ferrol abría deste xeito o programa de homenaxe e recordo aos represaliados da guerra civil que hoxe arrancou no auditorio municipal de Cedeira e que está organizado pola devandita entidade coa colaboración do Concello cedeirés a través da Concellería de Educación.


xonadasMemoriaHistorica_cedeira_Abril2016_Con 125.000 persoas enterradas en fosas abandonadas nas cunetas, segundo os datos que aportou, Barrera insistiu en que “o dereito á verdade, á xustiza e á reparación que esixen as vítimas non é un exercicio de sentimentalismo, pese á carga emocional que conleva; e un deber moral da democracia española, un acto complexo e doloroso, pero necesario”.
O representante de Memoria Histórica agradeceu a colaboración que a entidade atopou na institución municipal para a organización duns actos que “axudan a coñecer o noso pasado, a reparar a dignidade das vítimas da ditadura e a construír unha mellor sociedade”.

“Un país non pode ser normal se non coñece, con nomes e apelidos, a todas e cada unha das víctimas dunha guerra civil” , afirmou Barrera

Coa participación no acto de algúns familiares directos de represaliados da vila e a proxección do documental “O segredo da Frouxeira” deuse paso á celebración unha charla-coloquio, na que tomaron parte Paulino Gasalla -descendente do último alcalde republicano de Serantes-, Xavier Abad -director do documental-, e o propio Enrique Barrera.

Na apertura das xornadas, que se prolongarán ata o mes de maio, estiveron presentes representantes do Concello, entre eles o alcalde, Pablo Moreda; a concelleira de Urbanismo, María Xosé Rodríguez, e o de Educación, Robustiano Labraña.

O Partido Popular foi o único que non secundou a iniciativa de apoiar a Memoria Histórica e Democrática na organización do programa. 

A actividade terá continuidade o próximo domingo coa celebración unha ofrenda floral na praza da Constitución, tamén chamada da Revolta. O acto dará comezo ás doce do mediodía e contará coa intervención do alcalde, Pablo Moreda, que terá palabras de recordo e homenaxe para os veciños que sufriron algún tipo de persecución por mor da súa ideoloxía ou o seu apoio á República e para os antifranquistas presos no campo de concentración das antigas fábricas de conservas de Cedeira.

Nota de imprensa: Pingota Comunicación


Ao mellor tamén che interesa:

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: