off
Cedeira, Flor do Monte, Natureza — 15 Abril, 2016 at 06:34

Angelica pachycarpa (Lange)

por Rafael López Loureiro "Calel"
Angelica pachycarpa (Flor do Monte.Quinta entrega)
Angelica pachicarpa.Foto: Calel

Angelica pachicarpa.Foto: Calel

Aí temos a este grande herbaxón lucindo a súa vizosía primaveiral nas nosas costás. Angelica pachycarpa, é un endemismo do nororeste ibérico que nas nosas ribeiras é afortunadamente común, ben que non moi abondoso. Corre en galego cos nomes de brizo mariño ou anxélica mariña e ten nas súas costas unha curiosa e exemplar historia moderna. Resulta que esta herba dende a súa patria galega primixenia naturalizouse en Nova Zelanda, nas puras antípodas, sen que se saiba moi ben como. Pois ben, os neozelandeses, advertindo a súa poderosa e verdosa floración así como o fermoso aspecto lustrado das súas follas, deron en reproducila en viveiro e en vendela polo mundo adiante: podedes comprala por Internet. Véxase como ao cabdal botánico noso, que toramos, fumigamos e desprezamos sen sentido, outros saben darle unha volta e venderllo ao mundo enteiro co elegante nome de Anxélica de Nova Zelanda. Un exemplo meridiano de que se pode atopar tamén unha economía sostible e rendible, lonxe do eucolital, apoiándonos na protección e conservación do noso extraordinario tesouro botánico. Coñecer pra protexer. Xa.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
%d bloggers like this: