off
Estado, Medio ambiente — 10 Abril, 2016 at 3:51 p.m.

Ilegalizar e punir o autoconsumo

by

Feijoo_iberdrolaVén de avisar Greenpeace e recordábao Ollaparo hai uns dias,  o luns 11 a maioria das instalacións de autoconsumo de España poden tornarse en ilegais.O Goberno do PP decidido a protexer os intereses de Iberdrola (haberá quen lembre o seu presidente Ignacio S. Galán  abrazado a Feijoó o día da súa investidura) e grandes  eléctricas coa normativa de autoconsumo. Impide, alén diso, a democratización da enerxia e elide enfrontarse á mudazan do clima.

Segundo Greenpeace,  normativa do Goberno Rajoy vén ser a máis restrictiva do mundo. As vivendas que tiveran unha instalación anterior á entrada en vigor e non teña adoptado a normativa serán ilegais de facto e poderan sofrer multas entre 6 millóns e 60 millóns de euros. Alén diso, terán de pagar o infame imposto ao sol. O Ministerio de Industria nen sequer pormenorizou como cumprir coas complexas técnicas que se precisan para mudar as instalacións. Noutras palabras, será mesmo imposibel cumprir coas obrigas que o próprio Ministerio fixou!

Perante o caos creado polo ministro Soria (o titular de Indústria, que figura nos papeis de Panamá por ter administrado unha sociedade ‘offshore’ nos 90) e o presidente en funcións Rajoy, Greenpeace vén de encetar unha campaña para pedir que o Consello de Ministro alargue o prazo, alomenos até o cabo de ano, para que os autoconsumidores afectados non sexan ilegalizados e punidos con multas multimillonarias por mor do desleixo do mesmo ministerio de Industria.

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: