off
Cedeira, Flor do Monte, Natureza, Ortegal — 8 Abril, 2016 at 06:41

Centaurea borjae (Valdés Bermejo et Rivas Goday)

por Rafael López Loureiro "Calel"
Centaurea borjae(Flor do Monte.Cuarta entrega)
Foto:Rafael Loureiro

Foto: Rafael Loureiro

Velaí outro dos valiosos endemismos da Serra da Capelada, que sendo dos poucos que contan cunha especial protección legal, non se atopa afortunadamente no gume da faca como si o están moitas outras das que se amosaron, ou amosarán, nesta modesta ceifa botánica e que contradictoriamente non posúen unha figura legal protectora. Presbicia burocrática. Centaurea borjae aparece en numerosos puntos do alto do cantil todo ao longo da serra. Exclusiva da Capelada, parece andar a expandir as súas poboaciós. Coñecida dende hai anos unha pequena colonia en Cabo Prior, eu mesmo recoñecín un grupo non pequeno na Punta da Chirlateira, o que nos da a pensar que en próximos visitas á costá poideran aparecer novos núcleos. A ver se hai sorte. Recoñécese oficialmente que os perigos que ameazan esta especie proveñen da existencia de cabuxas asilvestradas, dos planes de miradores turísticos, do pisoteo dos visitantes e sendeiristas, das posibilidades de hibridación con C. nigra e do roubo descarado de numerosos exemplares por parte de coleccionistas. Eu mesmo vin desaparecer dunha semán para outra unha cumprida poboación de Centaurea nun sitio moi accesible: e onde sete días antes estaban os pés da planta non se vían mais cá as furadas do sachón. Coñecer para protexer. Xa.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
%d bloggers like this: