off
Cedeira, Meio ambiente, Urbanismo — 7 Abril, 2016 at 10:12 a.m.

Detectado un vertedoiro incontrolado no monte Brañón, San Román de Montoxo

by

Logo de ser descuberto polos operarios do Concello nunha inspección rotineira, a administración municipal a través da empresa de recollida de lixo, asumirá a limpeza do vertedoiro incontrolado  localizado no monte de Brañón, na parroquia de San Román.

As tarefas de recollida faranse de maneira inmediata e  lémbrase aos veciños e veciñas que dispoñen dun punto limpo gratuíto e operativo case todos os días da semana.

O alcalde, Pablo Moreda Gil, considera que ten que haber por parte de todos unha actitude de respecto ao medio ambiente para evitar imaxes como as que alertaron da existencia do vertedoiro nun lugar de tránsito

Nota de imprensa:Pingota Comunicación
Tags

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off