off
Flor do Monte, Natureza, Ortegal — 1 Abril, 2016 at 10:04

Ophrys sphegodes sp.araneola(Lainz,1983)

por Rafael López Loureiro "Calel"
Ophrys sphegodes sp. araneola (Flor do Monte.Terceira entrega)
Ophrys sphegodes sp. araneola.Foto: Calel

Ophrys sphegodes sp. araneola.Foto: Calel

Esta orquídea, (si, na nosa bisbarra hai orquídeas) é un modelo do abandono no que a nosa riqueza botánica está deitado. Abundantísima ate hai menos de dez anos nos marouzós de Vilarrube, (contábanse por centos) os destragos e desfeitas diarias que as mandas de porcos bravos, co consentimento das pertinentes autoridades medioambientais e da ollada pra o mesmo lado de cazadores e animalistas, viñeron a acabar coa práctica totalidade ate o punto de poder consides técnicamente extinguida, á máis cumprida colonia de araneolas que eu coñecera. Coa curiosa e triste particularidade que só nos últimos tres anos, gracias as observacións atinadas de Xermán García Romai, poidemos saber que estas sphegodes debían de incluirse dentro da subespecie araneola: agora que xa non quedan. Triste. Xermán García Romai e un servidor podemos comprobar o ano pasado as extremas dificultades en encontrar algún pé desta pequena orquídea, á primeira en florear entre elas. Este ano, en que acompañei a un prupo de botánicos, portugueses e do Val Miñor, a visitalas, só podemos ver un único pé que sobrevivía ao lado das fozadas do porco da noite anterior. Deixa a ver ate cando. Coñecer para protexer. Xa.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
%d bloggers like this: