off
Cedeira, Flor do Monte, Galiza, Natureza, Ortegal — 27 Marzo, 2016 at 13:11

Gentiana verna (Linneo 1753)

por Rafael López Loureiro "Calel"
Crepis novoana (Flor do Monte.Segunda entrega)
Gentiana verna

Gentiana verna. Fotografia: Calel

Esta fermosísima flor, a xanzá, símbolo que deberá ser da Capelada, é un magnífico exemplo da Flora de Outa Montaña, que coma outras moitas, dase na Capelada en cotas moi baixas. Habitual nas montañas do Norte Peninsular ibérico entre os 1400 e os 2200 metros, atopa na nosa serra da Capelada as súas únicas poboaciós galegas coñecidas, sorprendentemente entre os 300 e os 600 metros de outitude. As poboaciós capeladas non só representan o límite occidental de distribución ibérico, se non que a nivel mundial poideran ser as que aprecen en cotas máis baixas: baixísimas se consideramos seren plantas de outa montaña. As xanzás poden verse no mes de abril polas cimeiras da mayoría dos cantís capelados, dende o Vico ate Ortegal. Nos últimos tempos a praga descontrolada do porco bravo está a representar unha seria ameaza , moi seria, para súa supervivencia: teño documentado a extinción de algunhas poboaciós polas fozadas devastadoras do porco. Un arruallo noso, un tesouro botánico fermoso e sobranceiro que compre coñecer para protexer. Xa.

1 Comentario

  • Levamos só dúas entradas desta serie e é realmente fascinante. Despexa toda dúbida da inmensa cantidade de tesouros naturais de Cedeira (sen esquecer os patrimoniais históricos), desde o nivel da ría ata as alturas da Herbeira.

    Urxe pór en valor todo isto, porén non se antes debater qué é o que realmente interesa: protexer e conservar debería ser pioritario. A información e educación ambiental son os vieiros a seguir, como tamén o son o disfrute e uso sensato dos recursos naturais.

    Parabéns a Calel, que non deixa de sorprendernos gratamente 🙂

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
%d bloggers like this: