off
Flor do Monte, Meio ambiente, Natureza, Ortegal — 21 Marzo, 2016 at 10:12 a.m.

Rafael Loureiro iniciará unha sección que dará a coñecer as plantas de noso

by

aonoroestedonoroesteCoincidindo coa entrada da primavera  poñemos en marcha no Ollaparo Flor do Monte, a nova sección quincenal de Rafael Loureiro que mirará de darnos a coñecer as plantas  máis sobranceiras da nosa bisbarra. Unha iniciativa que procura o mellor coñecemento dunha biodiversidade da que cómpre sermos conscentes para facer o posibel por conservala e mellorala.

Rafael Loureiro “Calel” regresa  á  factoria Ollaparo (a máis de colaboracións escritas e Caleliño  existosa tira de banda deseñada, súa foi a proteica capa do número 9 onde xa anunciaba o seu coidado e afecto pola flor do monte) ofrecéndolle aos seus lectores unha pequena parte do inxente traballo de documentación que vén desenvolvendo hai uns anos no seu blogue Ao Noroeste do Noroeste.

As plantas poden ser fermosas e haberá tamén quen diga que aborridas. Porén, ainda que luzan cores inverosímiles e ás veces teñan feituras e dimensións ben raras, non acostuman a facer outra cousa seica que ficar onde están, apañando sol e facendo a fotosíntese.  Debe ser por iso que sempre nos parece mais verde a herba do veciño ca nosa. Un xeito de expresar a xeral percepción de que o que teñen os outros é sempre mellor que o noso.  Mas acontece que cando coñeces aos “outros”, pensan exactamente o mesmo ca ti. Pensando nas  plantas de noso decatámonos que sabemos ben pouca cousa delas , a parte daquelas que empregamos para consumir, festexar ou sandarmos  polas súas propiedades antiinflamatorias, alucinantes, diuréticas, antiasmáticas, eméticas, expectorantes e purgantes…Tendo en conta a especificidade do ambiente no que medran e se desenvolven, o seu valor intrínseco ligado ao seu hábitat, é doado de vermos que son particularmente sensibels ás alteracións do seu hábitat. Como ademáis contribuen á riqueza e biodiversidade, nomeadamente os endemismos (un endemismo é a especie propia dun determinado lugar ou área que é exclusiva dese territorio e que non se atopa en ningún outro lugar),  son un patrimonio que debe ser obxecto de especial respeito e protección. Algunhas destas especies están inseridas nas listaxes de organismos que non se poden matar ou arrincar. Non só iso. Hai consenso en que cómpre preservarmos o seu medio natural en condicións que permitan a súa viabilidade. Seria de parvos declaramos protexida unha expecie  e teimar na súa desaparición. Mais esas cousas disque acontécenlle só aos parvos.

As dúas primeiras fichas Crepis novoana e Gentiana verna sairán na semana santa, ás que se sumarán cunha periodicidade quincenal, outras vinte fichas monográficas acompañadas de candansúa fotografia. Flores sorprendentes e subespecies  endémicas …Unha grande oportunidade para gorentar descubrindo todo tipo de plantas e sempre coa fasquía retranqueira mais rigorosa de quen partilla o seu coñecemento aproveitando as oportunidades da rede para facer un intenso traballo de divulgación.

 

One Comment

  1. Benvido de novo á túa casa Calel

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off